![]()
O próximo 1 de agosto o concello de Zas organiza unha ruta noturna ata a Arca da Piosa dende onde faremos unha
observación astronómica guiada por Jorge Mira.
Para a observación sairase en autobús ás 22:00 horas do Centro Sociocultural de Zas, onde un pouco antes (ás 21:15 horas) terá lugar a presentación do libro “Na procura da noite: Fotografando o ceo nocturno” editado pola USC e coordinado por Jorge Mira e na que unha das coautoras é a fotógrafa Ana García.
Para participar é necesario anotarse previamente a través dos números de teléfono 981 718 056 ou 981 751 398 ou no Centro Sociocultural de Baio ou no de Zas. A inscrición é gratuíta.
Esta é unha actividade incluida dentro da
Semana Cultural organizada polo Concello de Zas.