Venres. 29.03.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Parladoiro e Concerto en Muxía co Efecto Badalada

08/feb./2020
11:00 h
Parladoiro e Concerto en Muxía co Efecto Badalada

Un novo proxecto ao redor do Teu Xacobe está en marcha na comarca. É a Asociación Cultural Agolada Crea a promotora do Proxecto Efecto Badalada, unha singular proposta para a posta en valor do Patrimonio Sonoro do Camiño de Santiago, a través do repenicar das palilleiras de Muxía. Un proxecto que nos lembra aquel marabilloso mapa sonoro de Galicia, lamentablemente finada por falta de recursos, chamado Escoitar.org.

Efecto Badalada sigue o seu camiño no Camiño de Fisterra e Muxía e este sábado día 8 fai parada en Muxía co "Parladoiro" coas Panilleiras de Muxía ás 11:00 da mañá na Biblioteca Municipal e co concerto de Odaiko e Vanesa Muela no Salón do Voluntariado ás 19:30h. Os percusionistas de Odaiko e a cantadora Vanesa Muela ofrecerán un concerto onde a sonoridade das panilleiras voltará a tomar protagonismo.

Estas actividades se enmarcan dentro un proxecto que busca poñer en valor o patrimonio sonoro do Camiño de Santiago con accións en Laza, Muxía, Fisterra, Guitiriz e Chantada dentro do programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

Comentarios