venres. 23.05.2025
El tiempo

Evento

Pedaleando pola Igualdade en Muxía

17/mar./2018 a 17/mar./2018
11:00 h a 6:00 h
Pedaleando pola Igualdade en Muxía
Pedaleando pola igualdade en Muxia O vindeiro sábado, 17 de marzo, o Concello de Muxía desenvolverá a segunda edición da xornada “Pedaleando pola igualdade” coa que quere conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. O Concello, que non programou actos para o mesmo día 8 para respetar a xornada de folga, desenvolve este sábado esta xornada en clave de igualdade. É unha xornada na que traballaron conxuntamente a Concellería da Muller e Cim de Muxía, e Concellerías e Deportes e Cultura, cun enfoque transversal da xornada pola igualdade. O formato é o mesmo que o do ano pasado, unha ruta cicloturística pola vila e unha charla cunha temática de xénero. Nesta ocasión a persoa convidada para esta charla é a antropóloga Guadalupe Jiménez Esquinas, que fixo a súa tese doctoral sobre a patrimonialización do encaixe, cun amplo traballo de campo na nosa zona, principalmente en Muxía e Camariñas. A súa comunicación leva o nome “Os traballos das mulleres: do discurso feminista á folclorización”. A xornada desenvolverase co seguinte programa e horarios: • 11.00 -11-15 h. Presentación e indicación do percorrido polo núcleo urbano. No Salón de Actos do Voluntariado de Muxía • 11.15- 11.45 h. Charla “Os traballos das mulleres: do discurso feminista á folclorización” a cargo de Guadalupe Jiménez Esquinas (antropóloga e profesora na USC). No Salón de Actos do Voluntariado. • 12.00- 13.00 h. Marcha cicloturística polo núcleo urbano • 13.00 h. Clausura e aperitivo.
Comentarios