O Casino de Carballo acolle ás 21:30 horas a presentación do libro "Na procura da noite: fotografando o ceo nocturno", unha actividade que se enmarca nas xornadas Astronómicas do Monte Neme. Na presentación intervirán Jorge Mira (coordinador da obra) e Ana García (coautora) que serán presentados por Santiago Garrido e nos falarán desta obra acerca da fotografía do ceo nocturno.