Xoves. 18.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Presentacion do libro sobre o Río do Porto

16/mar./2019
12:00 h
Casino da Ponte do Porto
Portada Libro do Rio do Porto do SEMESCOM
Presentacion do libro sobre o Río do Porto

O próximo sábado ás 12 do mediodía presentamos no Casino da Ponte do Porto o novo libro "O río do Porto, o río grande da Terra de Soneira", editado polo Seminario de Estudos da Costa da Morte e co-patrocinado polos concellos de Camariñas, Vimianzo e Zas.

Os seus autores, catro soneiráns: Evaristo Domínguez, Xan Fernández, Moncho Gándara e Xosé Mª Lema botaron máis de ano e medio no estudo deste río que nace por detrás do Bico de Meda en terras bergantiñás e xalleiras, pero que axiña se fai soneirán por completo, xunto con toda a súa cunca de afluentes, pois percorre de leste a oeste as terras dos concellos de Zas, Vimianzo e Camarñas, onde desemboca conformando a súa ría.
O libro conta con 140 páxinas, 151 fotos a cor, 13 gráficos e debuxos, 15 mapas e 3 cadros estatísticos. Na contratapas van dous grandes mapas ("A Rede Fluvial do río do Porto" e "Os seus principais aproveitamentos", da autoría de Rubén Rial. A maior parte das fotos son dos autores, aínda que hai outras cedidas por outras perssoas (Ana García de "La Voz de Galicia", Tania Carreira, Manuel Rial e Víctor Santos, entre outros). O libro leva a seguinte dedicatoria: "En memoria de Roberto Mouzo Lavandeira, a quen tanto lle seguimos debendo" (a maior parte dos debuxos, planos e unha parte importante das fotos son da súa autoría).

Comentarios