Evento
Presentación do novo libro de Mari Carmen Rey en Muros

Este venres 15 de marzo, 19:30 h. no Centro Patrimonial Conserveira de Sel, Muros. ten lugar a presentación do libro de María do Carme Rey Núñez “Mulleres”.
Segunda proposta narrativa, despois de Escapados, da escritora de Mazaricos María do Carme Rey Núñez , que despois de publicar a novela Escapados, tamén presentada o ano pasado en Muros. Arestora, unha vez máis en Toxosoutos , ofrece en Mulleres retratos de mulleres afoutas, arriscadas, ousadas e valentes que collen as rendas da súa vida a pesar das dificultades.
O libro será presentado este venres ás sete e media da tarde no centro patrimonial “Conserveira de Sel”, Muros, nun acto que contará coa participación da autora, acompañada por Patricia Torrado, da editorial e a alcaldesa de Muros.
Máis información
Mari Carmen Rey: “Fixen unha ruta polo Monte Pindo, e xa quixen escribir a novela. Xa vía escapados por todas partes”