venres. 23.05.2025
El tiempo

Evento

Presentación dun libro en Santa Comba

16/mar./2018 a 16/mar./2018
8:00 h a 6:00 h
Presentación dun libro en Santa Comba
O BNG e Galiza Nova organizan un acto público para a presentación da novela “Nordeste” de Daniel Asorey Vidal. Será o venres 16 de marzo ás 20:00 horas na libraría LER de Santa Comba, enmarcada na programación do Día Internacional das Mulleres. Daniel Asorey (Compostela, 1970) é profesor no ensino medio e publicou relatos e colaboracións en libros de texto. Gañou o Certame de Relato Curto Cidade Vella (1988) e o Premio de Narración Curta no Certame Literario e de Investigación Terra de Melide (2001). En 2002 gañou o certame Manuel Murguía de narracións breves con “Soñar pedras con fútbol”. En 2016 gañou o Premio Narrativa Breve Repsol coa obra “Nordeste”, que se presenta en Santa Comba. “Nordeste” é unha novela sobre unha república galega nacida da Revolta Irmandiña. A obra, de pegada feminista, é protagonizada por tres mulleres e discorre entre o nordeste de Brasil e unha Galiza que posúe a Compañía Galega de Indias, cuxos barcos chegan por mar ata Compostela.
Comentarios