![Portada-libro-Adeus Capitan Walton de Mato Fondo]()
O escritor pontecesán Miguel Anxo Mato Fondo presentará o seu último libro en Ponteceso. A presentación desenvolverase o vindeiro venres, día 28, ás 19:30 na libraría A Tenda dos Libros. Seguidamente a festa continuará no Pub A Eira, onde se desenvolverá tamén un acto literario coa presenza do autor.
A editorial Embora acaba de sacar do prelo o último libro do escritor pontecesán miguel Anxo Mato Fondo, Adeus, capitán Walton.
A obra está composta por relatos curtos con certa inspiración autobiográfica, moi vaga, evocada, traída pola memoria íntima ou por esoutra memoria tumultuosa dos libros, a contemplación de obras de arte, a música. Memoria depurada, estilizada, de imaxes que se intercambian, que dialogan e harmonizan (ou desharmonizan) en diferentes momentos dos que, ás veces, non queda senón que un eco.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/os-escritores-de-hoxe-en-dia-movemonos-con-absoluta-comodidade-tanto-na-galaxia-de-gutenberg-como-na-galaxia-online/