Evento
I Festival Solidario contra o Cancro de Cee
07/dec./2019
20:00 h
Casa da Cultura de Cee

16:27 02/12/19
O Auditorio Baldomero Cores, na Casa da Cultura de Cee, acollerá o vindeiro sábado 7 de decembro o I Festival Solidario contra o Cancro ás 20:00 horas.
Sete son os grupos musicais da zona que colaborarán coa súa música e canto, nunha tarde na que tamén o público será parte protagonista.
A entrada é de 5 euros e inclúe na mesma, un número para o sorteo ao final do acto. Menores de 12 anos teñen a entrada gratuíta.