sábado. 07.06.2025
El tiempo

Evento

RíXallas

14/out./2016 a 14/out./2016
22:00 h a 22:00 h
ciclo monologos rixallas 2016 santa comba Este venres arranca no edificio Multiusos de Santa Comba o RíXallas 2016; un ciclo de monólogos cómicos organizado pola concellería de Cultura do concello de Santa Comba co apoio da Deputación da Coruña. O encargado de abrir este ciclo é Pepo Suevos, un actor ferrolán participou en filmes como “A Esmorga”, “Pradolongo” ou “El Partido” e en series como “Aquí paz y después gloria” (Telecinco), “As leis de Celavella” ou “Terras de Miranda” na TVG. Pepo Suevos tamén apareceu en series como “Matalobos”, “Padre Casares” ou “Hospital Central”. No ciclo de monólogos RíXallas 2016 tamén participarán Cándido Pazó e José Manuel Rodríguez “Isi”, os venres 21 e 28 de outubro respectivamente. Todas as funcións son gratuítas e terán lugar no auditorio do multiusos de Santa Comba ás 22 horas. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
Comentarios