Evento
Rock Carballo 2019
22/mar./2019
22:00 h
Pazo da Cultura

12:38 15/03/19
Amenaza de Muerte, The Cerne, Strobos, Quercus Blues, Eoe e Versión Imposible protagonizarán unha nova edición de Rock Carballo, a cita coa música ao vivo que as agrupacións carballesas van creando e arranxando ao longo do ano. Pop, rock, deathcore... melodías de todos os estilos e cancións propias mesturadas con versións dos clásicos soarán no auditorio nunha das noites melómanas máis esperadas polo público do noso concello e de toda a comarca.