Xoves. 09.07.2020
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Roteiro arquitectónico en Laxe

09/dec./2017 a 09/dec./2017
11:00 h a 6:00 h
Roteiro arquitectónico en Laxe

O sábado 9 de decembro, Xosé María Lema Suárez, coñecido escritor e historiador, guiará unha visita polo patrimonio relixioso de Laxe. Unha cita enmarcada no programa Reláxese, neste mes de decembro dedicado ao “Turismo Arquitectónico”.

A visita permitirá coñecer os detalles arquitectónicos e históricos das igrexas de Serantes, Sarces, Soesto, Nande e Traba. A saída será ás 11:00h da Praza Ramón Juerga.
As persoas interesadas en asistir poden inscribirse gratis ata o 5 de decembro, chamando ao 981 706 903 ou escribindo a [email protected]

Vindeiras citas

Pola tarde do mesmo sábado 9 de decembro, Luís Rodríguez Ennes, Catedrático de Dereito Romano en Historia de Galicia, dará unha conferencia no Museo do Mar sobre o “Gótico mariñeiro en Galicia, e o caso particular da Igrexa Parroquial Santa María da Atalaia de Laxe”.

A última cita do ano (se ben o programa terá a continuidade asegurada o ano que vén), será o sabado 16 coa cgarla de María Begoña López Blas sobre os Muíños de Marés e de Vento, focalizando a atención no caso do Muíño de Vento de Laxe.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios