Preferente: O Betanzos vence en Dumbría e escapa do Sofán
Un punto parece pouca colleita para esta 28ª xornada da Preferente vindo como viñamos de varias xornadas positivas. O Sofán sacou un punto ante na Laracha, ante un rival que queda 3 puntos por abaixo, e ve como escapa lixeiramente o posto de promoción que ocupa un Betanzos que sacou unha boa vitoria no Conco. Quedan os carballeses 3 puntos por debaixo dos brigantinos, mentres que o Dumbría mantense aínda cunha boa marxe de 5 puntos (e dous equipos polo medio) sobre o descenso.
Paisaco - Sofán (0-0)
Partido tremendamente igualado. Entraron ben os de Pablo Torreira, querendo o balón e tendo chegadas a través da posición con ocasións de Julián e Joel de remate de cabeza. A partir do 20 minutos os locais foron tomando o mando con algunha chegada como un tiro de David González que saíu rozando a cruceta.
Na segunda tivo máis o balón o cadro local, pero sen profundizar demasiado. Si que tiveron un remate de Josiño dende fóra da área, e varios centros laterais que non tiveron rematador. Por bando carballés, tamén tiveron un centro de Julián que se colaba e sacou un central tras un pase de Braian; e un case man a man de Julián, que acaba nun córner na última xogada do partido, botado por Javi que estivo a piques de remachar Alex Sánchez. Ao final, xusto empate na Porta Santa.
Dumbría - Betanzos (1-4)
- Goles: 0-1, m.12: Alex del Río; 0-2, m.70: Martín da Lama de penalti; 1-2, m.78: Mario; 1-3, m.87: Andre; 1-4, m.90: Andre.
Mala sensación no cadro dumbriés despois de 6 xornadas sen perder, pero o resultdado foi mais abultado do visto no campo, ante un rival da zona alta. Empezaron moi fortes os brigantinos, e pronto se adiantaban no marcador. Reaccionaron de contado os de Pablo Conde, que foron mellorando, tendo un pau de Iago Insua na primeira metade, se ben tamén Anxo parou dúas boas para manter ao equipo no partido.
Saíron ben os locais na segunda, chegando moito máis, pero sen acerto, e nun penalti tonto da defensa dumbriesa, poñen terra de por medio. Aínda o intentaron, e co gol de Mario parecía que se podía empatar o choque. Xa co equipo envorcado e con toda a artillería no campo (non puido xogar Estévez) os visitantes mataron o partido á contra.
Máis info
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.
Todas as crónicas de Preferente.
- X.1: O Sofán bate a todo un Betanzos e o Dumbría roza a primeira vitoria.
- X.2: O Dumbría pesca en San Tirso pero o Sofán atópase con Juan de Celia.
- X.3: Sofán e Dumbría aséntanse na zona noble.
- X.4: Suma e segue.
- X.5 Doble toque de atención.
- X.6: En posición noble.
- X.7: O Sofán vence e convence e o Dumbría sofre.
- X.8: Situándose.
- X.9: Envorcáronse as tornas.
- X.10: Afianzándose na zona medio-alta.
- X.11: Pouca pesca.
- X.12: Doble e dolorosa derrota.
- X13: .O Sofán reacciona pero o Dumbría volve pecar de falta de acerto.
- X.14: O Sofán asalta, con sufrimento, o Conco.
- X.15: Dous valiosos empates.
- X.16: Un parón tranquilos.
- X.17: Unha goleada das que non se lembran e un gol do porteiro.
- X.18: Escápase a promoción e achérgase perigosamente o descenso.
- X.19: O Sofán conquista o Jesús García Calvo.
- X.20: O Dumbría métese en postos de descenso.
- X.21: Mal momento.
- X.22: Reacciona o Dumbría.
- X.23: O Sofán suma polos dous.
- X.24: O Dumbría resiste na dura batalla.
- X.25: Doble vitoria campal.
- X.26: Dous empates para seguir sumando.
- X.27: Mirando os obxectivos en fite.