Venres. 22.11.2019
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Semana Santa cultural e relixiosa en Laxe

18/abr/2019 a 21/abr/2019
12:00 h a 13:00 h
Semana Santa cultural e relixiosa en Laxe

Completa chega a Semana Santa en Laxe. Unha cita que serve de atractivo turístico para a vila. Así o ratifica a posta en marcha dos servizos de información turística. A Oficina Municipal de Información Turística (OMIT) situada no paseo marítimo estará aberta ó público dende o xoves 18 ata o domingo 21 de abril de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.

Tamén o Museo do Mar de Laxe estará aberto dende o luns 15 ata o domingo 21 de abril, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas. Nel podedes ver xa a exposición sobre a vida de José Vidal, no marco do proxecto de recuperación do seu Arquivo Fotográfico.

Visitas teatralizadas ao Museo

A aposta de ocio máis novidosa desta Semana Santa será os días 18, 19 e 20 de abril ás 12.00 horas. Consiste na programación de visitas teatralizadas coas que se recreará o noso querido fotógrafo José Vidal. A maestría e profesionalidade que caracterizan ó recoñecido actor Pepe Penabade, permitirán difundir dun xeito lúdido e participativo, a vida e obra de José Vidal. Será unha boa oportunidade tamén para que as persoas que coñeceron ó fotógrafo lembren as costumbres da época.

Programa de actos litúrxicos, co Venres Santo como protagonista

A Semana Santa de Laxe estase convertendo nun dos reclamos turísticos máis destacados do Concello de Laxe fora da época estival. Cada ano increméntase o número de asistentes ós oficios relixiosos e ás diferentes procesións, especialmente á procesión do Santo Enterro ou Rosario da Boa Morte que se celebra o Venres Santo ás 23.00 horas.

O programa de oficios relixiosos, despois da apertura coa procesión do Domingo de Ramos, organizados pola Parroquia de Santa María da Atalaia de Laxe, é o seguinte:

  • Xoves Santo: A partir das 20:00 h. ten lugar a procesión do Nazareno e da Virxe Dolorosa. A continuación a misa con lavatorio de pés. Durante toda a noite diferentes persoas da vila cantan versos ó Santísimo e a Virxe.
  • Venres Santo, sen dúbida, é o día principal da Semana Santa en Laxe:
    - Ás 6.00 h. canto da Pasión en Verso.
    - Ás 11:00 h. procesión e predicación do Encontro do Señor coa Virxe na rúa da Amargura (Praza de Ramón Juega) e Predicación das Sete Palabras.
    - Ás 18:00 h. celebrase o oficio da pasión e morte do Señor. Sermón do Desencravo e de seguido a Procesión dos Caladiños.
    - Ás 23:00 h. ten lugar a Procesión do Santo Enterro e Rosario da Boa Morte. Esta é a procesión máis tradicional e concorrida da vila, onde homes e mulleres, separados en dous grupos, cantan por quendas ó "Señor" o "Rosario da Boa Morte”.
  • Sábado Santo: Ás 20.00 h. solemne vixilia pascual.
  • Domingo de Resurrección: Ás 12:30 h. celébrase a Procesión do Santísimo e encontro de "Xesús resucitado" coa "Virxe" (Praza de Oriente). Ás 13.00 h. Santa Misa Solemne Pascual.

Novas relacionadas

Comentarios