Evento
Sesión vermú en Cee

Non paran de artellar iniciativas. Stoupa segue e a convertirse nun epicentro cultural da bisbarra e desta volta quere combinar música e arte para disfrutar dunha sesión vermú alonxada dos pasodobles.
Stoupa volve a sorprender desta vez cunha sesión vermú que terá lugar este sábado 31 de marzo a partires das 12h. Será un evento especial onde confluirán varias artes, coma a pintura, a música e a escultura.

A artista Yano Yoro e o músico Serj unirán o seu traballo por un día. Ambos son colaboradores de Stoupa e decidiron celebrar na tenda ceense este evento tan especial, onde ademáis explicarán os pormenores do seus respectivos traballos. Yano Yoro falará sobre a busca da realidade das mulleres que saen nos seus cadros feitos con tinta china sobre papel de arroz, mentres que Serj presentará o seu videoclip “A forza do Nordés” incluído no seu novo disco “ELA” (despois do cañeiro A Estocada da cordura), nome que non só fai referencia a súa protagonista, senón á enfermidade á que esta se ten que enfrontar e que será representada en todo o disco.

Pero haberá unha sorpresa máis, e é que MAN, a escultura de Nando Lestón e símbolo de Stoupa que fora esnaquizada por uns vándalos o día de Ano Novo, volta á súa casa.
Novas relacionadas
- Serj afía o micro e clávalle unha estocada á política do poder.
- Stoupa, o punto de encontro da artesanía e a cultura da Costa da Morte.
- Este Nadal, regala Stoupidos de arte da Costa da Morte.
Creadores da Costa da Morte en Stoupa
- Stoupa envólvese de feminidade ca arte xapo-muxiá de Yano Yoro.
- O muradán Roque Rey enche de cor Stoupa coa súa mostra “A Praia”.
- Os barquiños de Mimadriña xa navegan por Stoupa.
- Nando Lestón expón as súas creacións en Stoupa.
- Marcos Rodríguez expón as súas fotografías premiadas en Stoupa
- 12 meses facendo estoupar a arte da Costa da Morte
- Xoanxo Cespón trae a súa visión “Costa da Morte” a súa casa.
- As Redeiras de Corme, artistas en Cee.
- A deseñadora ceense Jesica Coiradas expón a súa colección de roupa en Stoupa.
- A arte de Viki Rivadulla está que Stoupa.
- Stoupa, o novo centro da cultura e artesanía da Costa da Morte
- Un estoupido de cultura para a Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Stoupa