Venres. 29.03.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Show de Dr. Spectro no Casino de Carballo

07/mar./2020
21:45 h
Casino 1889
Dr Eelctotro en Carballo
Show de Dr. Spectro no Casino de Carballo

O Casino 1889 acolle o sábado 7 de marzo a visita de Sr. Spectro:

"Tecno y palabra. Tensión y músculo. Teatro y Cabaret Voltaire.", Dr. Spectro é o resultado do contraste afiado, a colisión incómoda. Cancións que nacen no estomago para golpear superficialidades rutinarias e bailar sobre elas en pozas de suor. O trío, que está axitando convencións musicais madurando un aire de beats contaxiosos, atmósferas envolventes e historias de persoas atrapadas na súa personaxe, pasará polo Casino. Dr. Spectro compartirá con nós o seu son no que cohabitan o post-punk, o burlesque, a música dance, o electro-pop e o downtempo, combinado cun fraseoentre o spoken word e o sarcasmo narrativo. Todo completado por suxerentes coros que replican. Un número musical, enerxético e electrizante para escoitar, pensar e bailar. Será ás 21:45h. Prezo: 5€ persoas non socias / 4.5€ socias.

Comentarios