![]()
O concello de Carnota despide o mes de maio cunha fin de semana con varias actividades. A primeira das citas é o venres, ás 20:30 horas, no salón de actos do concello. Alí estará o elenco de Talía Teatro para representar a obra
"Bicos con lingua"; un espectáculo teatral en clave de comedia que invita á reflexión sobre os usos e abusos da lingua galega. Esta obra, que se enmcarca dentro da
programación cultural "Maio, mes das letras" está dirixida a maiores de 13 anos e a entrada é de balde.