sábado. 07.06.2025
El tiempo

Evento

Teatro en Mazaricos

15/out./2016 a 15/out./2016
21:30 h a 21:30 h
Teatro en Mazaricos
https://vimeo.com/159483347   Eroski Paraíso, a última obra de teatro do Grupo Chévere, está de visita estes días pola Costa da Morte. A obra - protagonizado por Patricia de Lorenzo e Miguel de Lira - estreouse en Muros o pasado mes de marzo. Precisamente nesta localidade se desenvolve a obra, xa que é o lugar no que se volve a atopar unha parella - despois dunha longa separación - para participar na gravación dun documental dirixido pola súa filla. Así repasarán a transformación que sufriu a discoteca Paraíso, lugar no que se coñeceran por casualidade - para converterse nun supermercado da cadea Eroski. Mazaricos eroski paraiso en mazaricos O sábado seguinte, día 15, a casa da Cultura da Picota será o novo escenario do Grupo Chévere para interpretar Eroski Paraíso. As entradas - que son de balde - están limitadas, polo que se estarán dispoñibles a partir do vindeiro luns, día 10, nas oficinas xerais do concello de Mazaricos. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
Comentarios