venres. 23.05.2025
El tiempo

Evento

Teatro en Muros

24/mar./2018 a 24/mar./2018
9:30 h a 6:00 h
Teatro en Muros
O SÁBADO 24 UN DÚO DE LUXO VISITARÁ O CENTRO CULTURAL DE MUROS PARA POÑER EN ESCEA O ESPECTÁCULO “SÉNIOR” Día e hora: sábado 24 de marzo, ás 21:30 horas. Local: Auditorio do Centro Cultural de Muros Actividade: Teatro – Luis Iglesia e Marcos Orsi - “Sénior” "Sénior", é unha Comedia dirixida por Avelino González e protagonizada por Luis Iglesia e Marcos Orsi. Xénero: Teatro cómico. Recomendado para maiores de 12 anos. Culturactiva SCG presenta este espectáculo cómico sobre a crise dos 50, cos coñecidos e populares actores Luís Iglesia e Marcos Orsi como protagonistas, e dirixida por Avelino González, unha reflexión en clave de humor sobre a chegada ás portas da terceira idade. Cando se abandona a madurez e se comeza a ser “sénior”? Iglesia e Orsi rin de si mesmos ante nós, cun texto enxeñoso de creación propia. Cunha comicidade sinxela e directa, na que doadamente se verá identificada a audiencia, e apoiada nun texto enxeñoso, Sénior permitiranos rir das situacións máis cotiás, de divertidas anécdotas que, seguramente, moitos e moitas de nós chegamos a vivir, e de escenas que só se poden vivir, gozar e padecer a partir dos 50 anos. Grandes dilemas do sénior: ...visto como meu fillo ou como meu pai?... ...Haberá cadeiras nese concerto?... Ducias de preguntas que este espectáculo non resolverá, pero que son a escusa perfecta para pasar un momento entretido en compaña destes dous grandes da escena. Marcos Orsi iniciou a súa carreira como actor nos anos oitenta con Artes Livre, no seu São Paulo natal. Compañía coa que veu a Europa e acaba fixando a súa residencia en Galicia, onde traballa co CDG e con diversas compañías: Produccións teatrais Excentricas, Teatro do Aquí, Bacana, Malasombra ou OllomolTranvía, coas que participa como actor, director o bailarín. Actuou tamén en varias teleseries da TVG, entre as que destacan Matalobos, O Nordés, As leis de Celavella, A miña sogra e máis eu, Rías Baixas, Galicia express, Mareas vivas ou Pratos combinados. Entre os premios que recibiu destacan o Premio Compostela 1992 como mellor actor secundario e o Premio Compostela 1994 como mellor actor protagonista. Luis Iglesia é un dos actores galegos máis populares, sobre todo polas series televisivas de éxito que leva protagonizando desde fai xa máis de dez anos. Pero a súa carreira actoral comezou moito antes, alá por 1990, con espectáculos teatrais con diversas compañías: Maxia Vermella, Teatro do Atlántico, Teatro do Aquí ou Volta e Dálle. En 2004 comeza unha meteórica carreira profesional no audiovisual galego, converténdose nun dos rostros máis populares da TVG. Participou en Terras de Miranda, As Leis de Celavella, Libro de Familia, Matalobos e Pazo de Familia. Fora de Galicia, participou en series como Hospital Central, Piratas ou El Ministerio del Tiempo e tamén en varias películas. Avelino González (director). É narrador, actor de teatro, cine e televisión, director, dramaturgo e tradutor. Un dos profesionais máis prestixiosos e populares das artes escénicas galegas. Traballa regularmente con diversas compañías de teatro galegas: Ollomol-Tranvía, Teatro de Aquí, Talía Teatro ou Producións Teatrais Excéntricas. Froito deste traballo como actor, director e dramaturgo foi merecedor, ata o momento, de cinco premios María Casares. Igualmente, é un recoñecido actor de cine e televisión e nos últimos anos participou en diversas series de éxito da TVG: Padre Casares, A Vida por Diante,Terras de Miranda e Rías Baixas, e fora de Galicia en Piratas, Cuéntame ou Heroína. O espectáculo está incluído na Rede Galega de Teatros e Auditorios. As entradas poden reservarse ou adquirirse durante toda a semana nas oficinas do centro cultural, ao prezo de 3,50 euros.
Comentarios