Evento
Teatro en Muros

Actividade: MAXIA E TEATRO INFANTIL
Compañía: A ILLA D@S NEN@S
Espectáculo: “O Cinematomago”
Día e hora: sábado 14 de abril, ás 18:00 h
Local: Centro Cultural e xuvenil de Muros
Un cinematógrafo é un aparato que permite proxectar imaxes creando unha sensación de
movemento, e un mago e unha persoa que ten a capacidade de conseguir cousas extraordinarias cos seus poderes sobrenaturais.
O cinematomago é esa personaxe que converte esas imaxes en movemento en maxia.
Todas as persoas escoitamos falar nalgunha ocasión da “maxia do cine”.
Pois nesta ocasión a través do seu Cinematomago, O mago Paco fará desta frase unha realidade presentándonos distintos
clásicos do cine de todos os tempos a través da maxia. Convertendo esas típicas escenas
nun espectáculo máxico en directo e coa colaboración imprescindible do seu público.
Emoción, lembranzas, gargalladas e moita ilusión agárdannos neste novo espectáculo.
Preparados e preparadas para vivir a maxia do cine en directo!
A compañía de Maxia e Teatro A illa d@s nen@s creouse no ano 2007 como froito dunha vocación cara o mundo da cultura teatral, apoiada por un traballo previo de moitos anos na educación e animación infantil.
Esta compañía caracterízase pola fusión da maxia e o teatro enriba dos escenarios, e por unha especial inclinación cara o entretemento do público infantil.
Francisco Otero, o Mago Paco, é mago e animador infantil, dinámico e espontáneo. Formouse no mundo da animación, creou o seu propio Club de Maxia Infantil , e imparte clases a rapazada de entre 6 e 12 anos. Na súa traxectoria formouse en teatro, maxia cómica e clwon.. O mago Paco xa estivo neste escenario de Muros en varias ocasións, con diferentes espectáculos, e sempre conquistou a todo o público.
HYPERLINK "http://www.galescena.info/gfx/Companhias/78/espectaculo02862.jpg" \o " Ampliar - Rafa a Xirafa e Bruno o Canguro" INCLUDEPICTURE "http://www.galescena.info/gfx/Companhias/78/espectaculo02862.jpg" \* MERGEFORMATINET A función está incluída na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios e o prezo da entrada é de 2,50 €.