![Sarabela teatro-O secuestro da bibliotecaria]()
Día e hora: sábado 17 de marzo, ás 18:00 h
Local: Auditorio do Centro Cultural de Muros
Actividade: Teatro – Sarabela - “O secuestro da bibliotecaria”
Unha comedia, baseada na obra de Margaret Mahy, dirixida por Fina Calleja e co seguinte elenco: Sabela Gago, Fernando Dacosta, Josito Porto, Nate Borrajo e Alfonso Míguez, unha dirección e un elenco fabulosos, que darán vida a esta deliciosa e divertida aventura, de persoeiros vigorosos, na que o amor pola lectura se sitúa como protagonista. Esta peza, de teatro de actor, está chea de chicadelas ao clow, e todo isto garante unespectáculo fresco, pleno de teatralidade e humor
A señorita Ernestina é a fermosa bibliotecaria da vila de Parangón. Aínda que é orfa e non ten familiares ricos, os bandidos decidiron secuestrala. Pretenden xerar un caos cultural que obrigue ás autoridades a pagar polo rescate da bibliotecaria. O Consello Municipal está reunido para determinar se o pago do rescate debería figurar como gasto de personal ou coma un gasto do fondo de Cultura... Un brote de varicela entre a banda de secuestradores complica aínda máis as cosas: poucas personas quedan ben con graos na cara, pero para uns ladróns resulta desastroso. O enxeño e o corazón da bibliotecaria raptada fará xirar os acontecementos e traerá novidades importantes para a Biblioteca Municipal e para as vidas dos terribles secuestradores.
Da Compañía podemos dicir que Sarabela é unha das máis consolidadas de Galicia, leva máis de 30 anos de traballo incesante. Conta con 6 Premios Compostela; 35 María Casares; 5 Fetén; 1 Celestina. Finalista en 2 ocasións nos premios Max, entre outros.
O espectáculo está incluído na Rede Galega de Teatros e Auditorios e as entradas xa están a venda nas oficinas do centro cultural, ao prezo de 2,50 euros.