martes. 29.07.2025
El tiempo

Evento

Teatro infantil en Muros

03/mar./2018 a 03/mar./2018
6:00 h a 6:00 h
Teatro infantil en Muros
Os Tres Porquinos copia EducaTeatro Producións, creadora tamén dos exitosos musicais ‘Carapuchiña Vermella’ e “O mundo máxico de Pinocho”, co que xa estivo en outubro neste mesmo espazo, achégase de novo a deleitarnos con ‘Os tres porquiños’, o sábado, 3 de marzo, ás 18:00 h. Un musical infantil, destinado a público familiar e recomendado para persoas a partir de 2 anos. Como serían os tres porquiños e o lobo feroz hoxe en día? Onde poderían atopar un lugar seguro e limpo, lonxe das grandes fábricas, no que poder construír as súas casiñas? Que ritmos musicais empregarían para se presentar? A resposta a todos estes interrogantes, coma todo, está nos libros, e tamén na moderna historia que vai construíndo un explorador afeccionado aos contos que percorre o bosque na procura dos seus personaxes favoritos. Para EducaTeatro Producións, creada a finais de 2013, a música, a lingua, a diversión e a participación do público, son os piares fundamentais dos seus traballos, cos que buscan fomentar a educación en valores. Nesta iniciativa modernizan a fábula orixinal para adaptala aos tempos que corren, transmitindo aos máis pequenos o respecto e protección da natureza, a solidariedade ou o esforzo, entre outros. A técnica dramática empregada para a obra é a dos corpóreos, personaxes a tamaño real que recrean á perfección a imaxe humanizada dos tres porquiños e mailo lobo feroz. Ademais, para facilitar a interacción co público, o condutor da obra é un explorador moi amador dos contos, que irá debullando os misterios desta nova historia do século XXI. A banda sonora orixinal, composta por cinco pezas musicais, serve para facer partícipes os máis novos das coreografías que se van sumando ao fío argumental da obra, ao mesmo tempo que son útiles como ferramenta para que aprendan ou reforcen os números, as cores, as prendas de roupa e os animais, entre outros coñecementos. O espectáculo está incluído na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios e o prezo das entradas é de 2,50 €, A venda anticipada xa está esgotada. As entradas dispoñibles para billeteira son 43 e o horario da mesma é sábado, día 3, de 17:00 a 18:00 h.
Comentarios