mércores. 14.05.2025
El tiempo

Evento

Teatro local en Malpica

27/maio/2017 a 27/maio/2017
7:30 h a 6:00 h
Centro Cívico
Teatro local en Malpica
Este sábado, ás 19.30 horas, a compañía Os Amigos de Malpica estreará a súa nova montaxe, “Aquí mando eu, entendido?”, unha comedia dirixida por Andrés Mourente Castro e protagonizada por Xurxo Alfeirán Chouciño, María del Carmen Varela Caravel, Adriana Reigía Martínez, Luis Mato Lema e Manuel Bugallo Chouciño, que ademais contarán coa axuda do apuntador Jesús Rodríguez Bello. O protagonista da obra é Xaquín, un viúvo autoritario e teimudo afeito a impoñer o seu parecer a base de ameazas a todo o mundo, incluída a súa única filla... Para coñecer o resto da historia haberá que asistir á función de mañá no auditorio do Centro Cívico. A obra está recomendada para maiores de 10 anos. E o domingo, dentro do programa Nos Tempos das Letras, sairán a escena os alumnos e alumnas do Obradoiro de Animación Teatral do Concello de Malpica. A partir das 18 horas, tamén no auditorio do Centro Cívico, celebrarase un maratón de teatro infantil no que se representarán as obras “O punto e final”, “Unha de bruxas”, “Margarida, a filla de don Importante” e “Acampada no cemiterio”. En ámbolos dous casos, a entrada é libre ata completar aforo.
Comentarios