sábado. 07.06.2025
El tiempo

Evento

Teatro no centro cultural de Muros

15/out./2016 a 15/out./2016
18:00 h a 00:00 h
Teatro no centro cultural de Muros
O poder de Amabel Muros O poder de Amabel Muros O auditorio do centro cultural de Muros acolle este sábado – día 15 – ás 18 horas o espectáculo de teatro “O poder de Amabel”; unha obra de monicreques e actores dirixida ao público familiar e que está inspirada na novela infantil de Érica Esmoris. Na adaptación teatral Amabel e Braulio, que non se ven dende a escola, atópanse casualmente trinta anos máis tarde en Tokío. Alí rememoran o ano especial que viviron xuntos, unha das súas primeiras lembranzas de nenos, esas ás que debemos volver para sentirnos na nosa verdadeira patria: a infancia. Os protagonistas desta historia son Victoria Pérez e Manu Fernández; actores con ampla experiencia no ámbito escénico e audiovisual, que deciden no presente ano 2016 crear acompañía Pérez&Fernández, que nace do impulso instintivo de supervivencia, da necesidade de crear, de regalar unha viaxe aos demais máis aló da súa experiencia cotiá. O espectáculo está inscrito na Rede Galega de Teatros e Auditorios, destinado a público familiar, preferentemente a partir de 5 anos; e as entradas xa están a venda nas oficinas do centro cultural, ao prezo de 2,50 euros.
Comentarios