Venres. 03.07.2020
El tiempo
que pasa na costa

Evento

VI Festival Carballo Interplay

04/abr./2019 a 06/abr./2019
17:00 h a 23:59 h
Carballo
VI Festival Carballo Interplay

Arxentina (é o país invitado nesta edición), Alemania, Nova Celandia, Canadá, Singapur, Brasil, Estados Unidos, Holanda, Italia, Líbano, Reino Unido, Rusia, España e, por suposto, Galicia. Estes son os países de procedencia das 34 webseries finalistas (das máis de 200 presentadas) que se proxectarán os días 4, 5 e 6 de abril no Festival de Contidos Dixitais VI Carballo Interplay (ver programa).

Un festival repartirá máis de 5.500 euros en premios e que se refrenda ano tras ano como a gran referencia do audiovisual dixital de todo o estado.

Como vén sendo habitual, a maioría das series finalistas son comedias, pero tamén haberá oco para o drama, o documental, o terror, o thriller, a ciencia ficción, o musical ou o video blog.

As webseries finalistas

As 34 webseries finalistas proxectaranse en seis bloques -tres internacionais e tres do Estado- nas tardes do xoves 4, do venres 5 e do sábado 6, no Auditorio da Casa de Cultura de Carballo. Cada bloque terá unha duración de entre unha hora e unha hora e cuarto e a entrada, como en todas as actividades do Festival, é libre e gratuíta ata completar aforamento.

  • Versión orixinal en galego: Antolepsia, A Partida, As cores da lus do mundo, As Cousas Do Choio, Cativos na cociña, Mondo Nando e Rural Horror Storis.
  • Españolas: A Todo Riesgo 2, Boca Norte, Chichinabo, Gente hablando, La cabra volvió al monte, Mambo 2, Más de 100 mentiras, Neverfilms 2, Nosaltres e Puntu Koma.
  • Internacionais: AFK: This World and the Next, Blocked, Blurred and in the Dark, Bidune Kaid (Undocumented), Blackout, В постели (In bed), Cronache di un sequestro, Der Mann für die Sünde (The man for your sins), Drive, Ecrivain Public (Public Writer), Gorda, In absentia, Sleeping Beauty and the Man in the Red Suit, Som do amor 2, Subject: Dad, Tales From Pussy Willow, Tarde Baby e The Green Challenge.

Carballo Interplay 2019

Máis información

comentarios