venres. 23.05.2025
El tiempo

Evento

Visitas teatralizadas nas Torres do Allo

30/mar./2018 a 30/mar./2018
7:00 h a 6:00 h
Torres do Allo
Visitas teatralizadas nas Torres do Allo
Mostra_Traxe tradicional Torres_do_Allo copia Esta Semana Santa, ademais da exposición de traxe tradicional, volven as visitas teatralizadas ao Pazo do Allo a cargo de Os Quinquilláns. O venres 30 e sábado 31 de marzo ás 19:00 horas, Vítor López-Seoane e Francisca de Riobóo farán un percorrido polas Torres do Allo explicando a súa forma de vida e curiosidades do día a día no pazo. Unha forma diferente de coñecer a historia do pazo máis antigo de Galicia. Tamén para as familias continúa o xogo de pistas “Os Secretos Ocultos nas Torres” que se pode realizar en calquera momento en horario de apertura. Unha actividade de balde para facer cxs nenxs e desfrutar dun entorno natural verde e unha paisaxe auténtica. Durante a Semana Santa, o pazo abrirá as súas portas máis ca nunca: do 24 de marzo ao 1 de abril en horario de 11:00 a 20:00 horas. Visita teatralizada as Torres do Allo
Comentarios