Evento
Xornadas Encaixe no Camiño
26/xul./2019 a 28/xul./2019
17:00 h a 21:00 h

10:50 25/07/19
A Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas anuncia que os próximos 26,27 e 28 de xullo terá lugar en Camariñas a III edición do evento “O Encaixe no Camiño” coa seguinte programación:
Venres 26 de xullo
17:00 Apertura do mercado de postos medievais.
- Ambiente festivo medieval e tapas medievais nos locais de hostalería
Sábado 27 de xullo
- 11:00 Pregoeiro e apertura do mercado de postos medievais.
- 11:30 Saída da comitiva dende a Casa da Pedra cara o porto para recibir ó Rei Alfonso IX.
- 12:00 Desembarco do Rei Alfonso IX no porto de Camariñas: Recreación teatral da chegada do Rei e posterior paseo do Rei a cabalo por diferentes puntos de Camariñas.
- - Música tradicional, ambiente festivo medieval e tapas medievais nos locais de hostalería.
16:00 Campamento de xogos infantís populares a cargo de Arte Lúdico.
17:00 Actividades na rúa coa colaboración das Asociacións de Palilleiras “Puntillas”,” Rendas” e “Amas de Casa”. - - Música tradicional a cargo de “Con todo en banda” e tapas medievais nos locais de hostalería.
Domingo 28 de xullo
- 9:30 Concentración na praza do mercado e a continuación, recreación da camiñata acompañando ó Rei Alfonso IX ata Cereixo , facendo paradas con representación teatral en Xaviña e Cereixo. Volta en autobús para os inscriptos.
- 11:00 Apertura do mercado de postos medievais. Ambiente festivo medieval con música a cargo do grupo “Vaiche Boa” e tapas medievais nos locais de hostalería.
- 16:00 Campamento de xogos infantís populares a cargo de Arte Lúdico.
- 17:00 Actividades na rúa coa colaboración das Asociacións de Palilleiras “Puntillas”, “Rendas” e “Amas de Casa”.
- 18:00 Recreación do desembarco da Dama italiana que segundo a lenda , ensinou a palillar. 19:00 Desfile de moda do encaixe de Camariñas e actuación de Laura Sánchez.
- Música tradicional a cargo de “Vaiche Boa” e tapas medievais nos locais de hostalería. 21:00 Peche.