Mércores. 11.12.2019
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Xornada festiva no Casino 1889 polo seu 130º aniversario

30/nov/2019
h
Casino 1889 (Carballo)
Xornada festiva no Casino 1889 polo seu 130º aniversario

O Casino 1889 cumple 130 anos e para celebralo, organizan no seu local unha xornada festiva este sábado 30 de novembro. Ó longo do día haberá diferentes actividades, desde as máis institucionais, como os faladoiros, que transcorrerán na parte da mañá, ata as máis lúdicas e de convivio, que terán lugar a partir do mediodía.

O obxectivo é compartir un día de experiencias, de confraternizacion, de festa e de baile e que se converta nunha xornada que sirva para coñecerse máis e para que se unan as distintas xeracións que compoñen actualmente a masa social do Casino: desde as máis antigas, que veñen dos anos 50 e 60 do pasado século, ás máis novas, que se sumaron á asociación coa entrada desta directiva hai case dous anos e que supoñen a necesaria renovación xeracional. Entre todas, conforman unha masa social de case 300 socias e socios, unha forza nada desprezable para enfrontar os desafíos que teñen por diante. 

Para inscribirse ao xantar é necesario inscribirse en [email protected] ou no Logradouro.

Cartaz_Menú_Aniversario

Comentarios