martes. 29.07.2025
El tiempo

Evento

XX Festa do Bolo do Pote de Mazaricos

03/mar./2018 a 03/mar./2018
1:00 h a 6:00 h
XX Festa do Bolo do Pote de Mazaricos
Festa do Bolo do pote de Mazaricos 2018 En Mazaricos xa prenderon os fogóns para a XX Edición da Festa do Bolo do Pote. Fixérono onte os peques cociñeiros da zona, cun obradoiro de cociña, e en breve xa lle toca ás cociñeiras da Asociación de Amas de Casa. Serán seis os locais que ofrecerán a degustación deste particular bocado durante as xornadas desta fin de semana de sábado 3 e domingo 4 de marzo. Do mesmo xeito, o domingo as e os visitantes poderán probar os bolos, saídos das mans da Asociación das Amas de Casa, na carpa habilitada para esta fin. A festa estará amenizada polo grupo de gaiteiros O Verán e a charangas Os Jalácticos. Desde a Asociación das Amas de Casa sinalan que “o obxectivo é superar as 2000 racións”. As expertas no bolo explican que “a preparación dos bolos do pote resulta aparentemente sinxela, aínda que cada cociñeiro ten o seu segredo para facer este prato”. Ao fío disto engaden que “a base para a súa elaboración é a fariña de millo mesturada coa de centeo, que proporcionan consistencia”. Logo “pode nempregarse anacos de touciño entrefebrado, chourizo ou touciño, cos que se prepara un rustrido que dá sabor á masa”. Desde a asociación precisan que o último paso é “darlle forma de bóla e introducilo a cocer na auga fervendo do caldo”. Na carpa da festa servirase acompañado de carne de porco e chourizo. A novidade desde ano é que as persoas visitantes poderán ver unha exposición de coches mini.
Comentarios