xoves. 10.07.2025
El tiempo

Evento

XXXVI Día da Muiñeira de Carballo,

04/maio/2017 a 05/maio/2017
4:00 h a 6:00 h
Praza do Concello
XXXVI Día da Muiñeira de Carballo,

Dia da Muineira de Carballo 2017

Un ano máis, a Asociación Cultural Nemeth artella o Día da Muiñeira de Carballo, que nesta ocasión celebra a súa XXXVI edición.

Reuniranse tódolos participantes ás 17:00h do domingo día 4 de xuño do 2017 no aparcamento do Centro Comercial Bergantiños, para realizar o tradicional percorrido polas rúas de Carballo ata chegar á Praza do Concello, onde ás 18:00h bailarán todos xuntos. En caso de que as condicións meteorolóxicas non permitan a realización da actividade no exterior, trasladarase ó Polideportivo Vila de Noia.

Os gaiteiros interpretarán catro veces a Muiñeira de Trasmonte, con catro puntos e cinco voltas: a primeira das veces para que os bailadores escoiten e se familiaricen coa melodía, e as tres seguintes para que tódolos grupos bailen ó seu son.

Despois do baile conxunto, as agrupacións que así o desexen poderán realizar unha pequena actuación no escenario

Comentarios