F8: Xallas, Vimianzo e Cee completan o repóker de campións


Xa temos o quinteto de campións das Ligas de F8 comarcais. Os 5 grupos xa chegaron ao seu remate e 3 das 5 ligas chegaron con emoción ata o último suspiro. Así durante a fin de semana fumos coñecendo os gañadores que acompañan a Outes e Corme como campións deste curso.
O venres a emoción estaba posta no campo de Xaviña, en Buño. Alí, o novo equipo da UD Cerqueda recibía ao EFM Vimianzo co título en xogo. Foron mellores os vimianceses de Paco que certificaron a súa vitoria por 1-2 alzándose así coa Liga Benxamín Norte.

O sábado, os protagonistas eran os máis peques, os Prebenxamíns. A atención estaba posta no San Paio de Refoxos, onde o Cee recibía a un Dumbría que chegaba cun punto máis que os ceeses. Pero o equipo azulón foi moi superior e endosou un claro 7-2 aos brancos que vale a Liga Prebenxamín 2017.

Xa o domingo o foco estaba posto nos Alevíns, nunha das ligas máis igualadas. O Outes mantivo a pelexa ata o final co Xallas A, apretando ata a última xornada. Pero non fallaron os verdes de Jota, que venceron ao Sofán e conseguiron manter o título da Liga Benxamín Sur.


Os campións das Ligas de F8 2016/2017
Xallas A, campión da Liga Alevín Sur

Corme, campión da Liga Alevín Norte

Outes, campión da Liga Benxamín Sur

Vimianzo, campión da Liga Benxamín Norte

Cee, campións da Liga Prebenxamín

Sorteo da Copa
E sen tempo a descansar, este vindeiro luns ás 19:30, celébrase o sorteo da Copa da Costa de F8. Clasificaranse os 6 primeiros dos Grupos Sur e 2 dos grupos Norte, mentres que en Prebenxamíns os 4 primeiros disputarán unhas semifinais.Novas relacionadas
- Corme e Outes esperan os outros 3 campións nunha fin de semana con 4 finais.
- O Cee repite a historia da loita xeracional ante o Outes e faise co título infantil; O Outes campión intercomarcal de FS.
- Outes, campión da Liga Benxamín Sur.