Fisterra recupera os Castros Nerios

09:58 10/12/15

Parece que ía en serio a proposta electoral do BNG de Fisterra de recuperar Castromiñán. E tiran de grandes expertos para recuperar, entre outros, o tesouro agochado da arqueoloxía fisterrá.
Este sábado 12 de decembro hai cita arqueolóxica na vila do Cristo. E haina por partda doble, cunha saída matutina, un roteiro polos Castros Nerios (Castromiñan, Castro Castelo e Castro de Duio); e unha charla pola tarde que servirá de presentación do Proxecto "Castros de Fisterra".
Programa do sábado 12 de decembro
- 11:00H.- ROTEIRO ARQUEOLÓXICO E AMBIENTAL POLOS CASTROS NERIOS Saída desde a aldea de Castromiñan. Visita ao Castro do Castelo e ao Castro de Duio, guiado por Manuel Gago, Carlos Otero e Martiño Nercellas. Duración: 2 horas. Se chove, haberá unha charla divulgativa sobre a Idade do Ferro en Galicia na Escola de Suarriba. - 19:00H.- PRESENTACIÓN DO PROXECTO CASTROS DE FISTERRA. Salón de actos do Concello de Fisterra. INTERVEÑEN:- José Marcote Suárez.- Alcalde do Concello de Fisterra.
- Felipe Criado.- Presentación do INCIPIT-CSIC e das liñas de investigación.
- Carlos Otero.- O proxecto arqueolóxico. Intervención en Castro do Castelo e Castro de Duio.
- Manuel Gago.- A estratexia de comunicación e intervencións complementarias non arqueolóxicas.
- Xosé Gago.- Turismo, didáctica e participación social.
- Martiño Nercellas.- Caracterización ambiental do espazo onde se asenta o xacemento e consideracións legais na súa planificación e ordenación a efectos urbanísticos de protección.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).