xoves. 01.05.2025
El tiempo

FSF: Un derbi con diferenzas

FSF: Un derbi con diferenzas
banner-semaforo-fisterra O Semáforo de Fisterra patrocina as crónicas do FSF. Pincha no banner e coñécenos a través de FB

Fin de semana coa atención posta na Liga Provincial, na que esteiranas e pondalianas protagonizaban o derbi comarcal. Un derbi que demostrou a diferencia na táboa, e de experiencia, entre ambas. Coa vitoria das pontecesás aínda soñan coa posibilidade de meterse no podio.

Si xogaron os equipos ceeses na Liga Galega, pero non tiveron sorte. As chicas de Mario sufriron unha longa viaxe, con moitas baixas no equipo, para enfrontarse a un dos equipos da zona noble. E caeron con rotundidade.
Pola súa banda, desprazábase o Villa de Cee a Culleredo, para enfrontarse a un dos equipos máis fortes da competición (2º na táboa), sabendo que era un partido crucial para igualalo na clasificación e seguir optando o ascenso. E foi un partido moi igualado no xogo, pero non no acerto, e a pesar de plantarlle cara a un equipo de moita calidade, os costeiros non tiveron o día cara gol e o marcador sinala unha diferencia que non se viu na pista.

As que non xogaron foron as rapazas do Fisober, que xa adiantaran o seu partido desta xornada hai un par de semanas.

 

Liga Galega, Xornada 24

  • Resultado: Ribadeo F.S. - FSF Villa de Cee (O Semáforo) (8-2)
  • O Semáforo: Vanesa, Adriana, Paula Trinidad, María Dumbría e María Lijó. Participando tamén Alba e, Marta.

Comenzaron ben as rapazas de Mario, esperando atrás o rival e saíndo a contra e xerando moito perigo cara o rival, pero aos 10 minutos as locais conseguían abrir o marcador. Non tardaron en responder as ceesas, e aos poucos minutos conseguen empatar nun saque de esquina o cal e rematado por Marta. O partido estaba moi equilibrado, repartíanse as ocasións e de novo marca o Ribadeo, pero de novo volve a empatar o FSF Villa de Cee. Xa cando parecía que irían ao descanso co empate, un despiste nos últimos segundos o Ribadeo marca o 3-2.

Xa na segunda parte o FSF Villa de Cee empezaba a sentir a falta de efectivos para rotar o equipo e o físico comenzou a facer dano Marta encontrábase con febre e Adriana lesionada, ademais un rigoroso arbitraxe cas costeiras fixo que os 8 minutos tivesen acumuladas as 5 faltas chegando o rival a tirar dous dobre-penalti. O resultado final 8-2 tan so reflexa unha 2ª partes onde as rapazas sen cambios no puideron resistir a un dos equipos do alto da táboa.
As estrelas esta semana son: 3* Vanesa, a súa 2ª volta na portería impresionante, 2* María de Dumbría e 1* Marta, que a pesar de ter febre sacrificouse para poder dar algo de respiro as súas compañeiras.

 

Liga Galega Masculina Norte, xornada 26

  • Resultado: Sport Sala Culleredo - FSF Villa de Cee (Clínica A Xunqueira) (7-3)
  • FSF Villa de Cee: Bruno, Rober, Marroco, Perce e Mixi. Tamén xogaron Santi, Pose, Jose Antonio e Purti.
Banco do Vila de Cee FSF Banco do Vila de Cee FSF

Saíron os ceeses moi metidos no partido. Empezarían os nosos adiantandose no marcador por medio de Perce despois dunha boa xogada. Aínda tiveron un par de mans a man que fallarían os nosos, e logo disto empataría o Culleredo tras un disparo que rebota nun xogador e entraria na porteria de Bruno. Non baixaría os brazos o Villa que tería dúas ocasións claras que non serían capaces de materializar. Comezou a mandar o Culleredo que se colocaba por diante nun saque de esquina o cal tras volver a rebotar nun xogador volve a introducirse na meta de Bruno. Pronto se cargou de faltas o equipo, facendo que o Culleredo marcase o terceiro de doble penalti e xusto antes do descanso o 4, despois dunha bonita xogada.

Reanudábase o partido co 4-2, e os ceeses quixeron ir a por todas, pero non era o día, e volveuse a fallar ocasións claras e incluso dous tiros o pao mentres os que non fallaban eran os locais, que si que materializaron as súas ocasións e marcaron na segunda parte outros tres goles , que puña no marcador o 7-2 final.

 

Liga Provincial, xornada 24

  • Resultado: AD Atletes FSF - Concello de Ponteceso FSF (1-4).
  • AD ATLETES: Martina, Julia, Bárbara, Antía e Ana – tamén xogaron – Cristina, Sara, Alba e Marta.
  • AD VILA DE PONDAL – CONCELLO DE PONTECESO FSF: Isabel, Nuria, Aniña, Martina e Vero – tamén xogaron – Sandra e Alba.
  • Goles: Martina (0-1), Bárbara (1-1), Aniña (1-2, 1-3) e Martina (1-4).

Último partido do curso para o Atletes na casa recibindo ás veciñas do norte da comarca. O Ponteceso, cun plantel axustado pero de calidade, impuxo en Esteiro o seu dominio, e como consecuencia levou o partido o seu favor, sin demasiada oposición polas esteiranas, que non se lles veu melloría algunha neste partido.

O guión era o esperado, dominio pontecesán ante unhas xogadoras locais ben armadas atrás. Chegaban algunhas ocasións para as visitantes, onde Ana probaba con tiros dende a frontal e Martina non conseguía rematar un balón enviado por Ana ó segundo pau. Aguantou ata o minuto 13 o Atletes, pero Martina Abría o marcador para as de Curro. Foi despois deste tanto cando baixaron o ritmo as xogadoras visitantes, comezando a cometer erros en defensa e sen finalizar as xogadas en ataque. E nunha contra Antía, con decisión e boa visión da xogada lanza un forte disparo que bate a meta do Ponteceso, establecendo o empate, marchando co partido aberto ao descanso.

A segunda foi de clara cor rosado. O equipo de Paco pagou o esforzo da primeira metade e víronse totalmente superadas polas pondalianas, maxistralmente dirixidas por Vero. Aniña, tras roubar o balón no medio campo, facía unha xogada individual que remataría nun gol que volvía a poñer por diante ó Ponteceso. Sería ela mesma quen faría o 3º tanto pontecesán cun tiro lonxano nunha xogada de banda. Nesta segunda metade, o Atletes, solo chegou dúas veces a porta do Ponteceso, unha por medio de Ainoa, que fallou sola diante da portería do Ponteceso; e outra Alba, que chegou tarde a una pelota que perseguía entrando na área do Ponteceso.A falta de 40sg para o remate do encontro, Martina poñía o 1-4 final no electrónico rematando soa no segundo pau tras unha boa xogada combinada do equipo.

Sumaba así 3 puntos máis o Concello de Ponteceso FSF que está 4º na táboa clasificatoria a falta de dúas xornadas para rematar a liga. Mentres, O Ateletes mantense na zona baxa.

Si cómpre apuntar que durante primeira metade do partido produceuse unha incidencia no marcador do pavillón, polo que hubo que levar o tempo do partido de forma manual, sendo advertido o Atletes polo comité de competición, que semellante anomalía debe evitarse nos próximos partidos que se celebren no pavillón. A directiva do Atletes quere facer un chamamento ao Concello de Muros para que tome algunhas medidas que se se lles fixeron para reparar algunas deficencias que se están a sufrir polos usuarios do pavillón de Esteiro.

 

2ª División Femenina - Grupo IV, xornada 23

  • Resultado: O Pirata FSF Moaña - Viaxes Amarelle FSF (0-4)
  • Viaxes Amarelle FSF: Sandra, Dolo, Alba, María Gómez, Patri (cinco inicial), Martita, Sheila, Xiana, Mónica, Mariña, Paula (portera suplente).
  • Goles: 0-1 María Gómez (min. 2); 0-2 Dolo (min. 14); 0-3 María Gómez (min. 24); 0-4 Dolo (min. 24).
Patri no Amarelle FSF-FSF O Pirata Moana Patri no Amarelle FSF-FSF O Pirata Moaña

O Viaxes Amarelle FSF, dirixido por Pili Costa, mantén a súa racha de vitorias a costa de conseguir a cuarta nova vitoria tras impoñerse no derbi galego de 2ª.

 

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)

Comentarios