Informe para evitar o desastre Económico-Financeiro da Costa da Morte

08:30 20/05/16

- O territorio está mal comunicado. Non existe conexión ferroviaria (a máis próxima está a 70 quilómetros) e a comunicación por estrada é por vías secundarias (AC-552, AC-550) e nun breve tramo de 33 quilómetros coa Coruña, por autopista de peaje(2,50€ por 33 quilómetros de vía en obras desde 2015). Non existen nin se suscitan vías de alta capacidade nin coa capital de Galicia (a 80 quilómetros) nin completar adecuadamente a actual vía coa capital provincial (dos 110 quilómetros de distancia só se conectaron por autopista 33, ultímase a construción doutros 27 pero non hai data nin proxecto para os 40 restantes)
- O chan industrial ou empresarial é escaso e caro. Os polígonos empresariais construídos na zona son os máis caros da comunidade autónoma por metro (malia rebaixas suscitadas polo comercializador único do chan). Ademais, están mal comunicados tanto coas vías principais como co único porto con entidade industrial na zona (non existe comunicación viaria directa entre o polígono en Cee e o porto de Brens-Cee)
- Non existe plan de desenvolvemento algún. O territorio e as autoridades locais só consideran de forma clara o turismo como linea de investimento empresarial futura. Nos últimos 25 anos, diversas administracións (provincial, rexional e estatal) aportaron millóns de euros a plans de promoción do turismo e de desenvolvemento de infraestructuras turísticas (paseos marítimos, portos deportivos, etc) sen observar ningún plan estructurado que medise o resultado deses investimentos. Ademais, os citados investimentos non foron acompañadas de plans de emprego, de desenvolvemento das comunicacións, de conexión de banda longa, etc…que completasen un plan con visión e información para medir os seus resultados.
- Nunca existiu un plan de desenvolvemento industrial, nin se explorou a posibilidade de instalar empresas de ningún tipo no territorio, deixando está iniciativa únicamente á actividade privada. A única gran implantación xeradora de emprego remóntase á apertura do Hospital Comarcal en cee (1997). A día de hoxe, as principais empresas en numero de empregados seguen sendo as factorías de Ferroatlantica en Cee e Dumbría (como fai un século) ou a empresa pública. O primeiro empleador único nos concellos de Vimianzo, Carnota, Muxía ou Zas é o concello, na suma de postos directos e indirectos.
- Non se estableceu ningún plan que fixe poboación o territorio. É máis, a crise económica, na parte que afecta ao sector primario, provocou a pechadura de múltiples explotacións, principalmente de bovino, e unha contracción do sector agrícola-ganadero. Isto a provocado o abandono do rural polos únicos que o seguen habitando menores de 60 anos e con actividade económica. Os concellos do interior (Vimianzo, Dumbría, Zas) son de feito os que máis poboación perderían nos últimos 20 anos.
- A existencia do Hospital en Cee, unha demanda de máis de 40 anos, mellorou sensiblemente a calidade na atención sanitaria, pero segue ofrecendo unha sorte de "servizos mínimos", moi apreciados pero de xeito evidente escasos. O centro non conta nin con servizo de Oncología, nin cardiología, nin nefrología ou diálisis. As resonancias séguense realizando usando unha ?unidade móbil? que atrasa a lista de espera a datos alarmantes (ata un ano de espera para un proba diagnostica). Ademais, a ausencia de comunicacións viarias adecuadas atrasa os traslados á capital provincial (a unha hora e cuarto de distancia por estrada)
- Internet é unha utopia en gran parte do territorio. A presenza de redes por cable (R) limítase aos casos urbanos dalgunhas localidades, e nunha contorna moi restrinxida. para os demais, contra con 3 Megas de conexión é directamente imposible, non só en áreas rurales senón ata en zonas limítrofes co centro urbano en Baio (zas) no propio Zas, en Muxia, Carnota ou en parroquias de Vimianzo. Non existe conexión de banda longa adecuada aos polígonos industriais.
- O sector acuícola-pesquero, en crise permanente, continua a súa contracción. O volume de explotación tanto do marisqueo como da pesca no territorio viuse reducido en máis dun 46% (Datos IGE) nos últimos 25 anos. Un exemplo; en 2000, Fisterra rexistraba 101 mariscadores de Longueirón acreditados na Cofradía local. En 2010 eran 27, con PERMEX en regra e traballando. Nin o desenvolvemento dos plans de explotación nin o traballo das asociacións puido configurar un escenario onde a actividade marisquera poida considerarse como algo máis que un complemento de renda para a inmensa maioría dos implicados nela. No mar, tanto a flota de cerco, como a do pulpo ou artesanal víronse constantemente afectadas polas cotas acordadas na Unión, a intervención indiscriminada doutras flotas (arrastre principalmente) ou o furtivismo. O único plan establecido con certo grado de éxito, para a consolidación de “Reservas mariñas" no litoral, foi desechado e marxinado polo goberno autonómico ata case a sua eliminación.
- A presión urbanística en certas zonas do litoral non levou aparellado un establecemento de poboación (ben residente, ben flotante) nin por acceso ao territorio nin por residencia vacacional. As amplas zonas construídas en Corcubión ou Fisterra só xeraron plusvalías a constructores e promotores e unha efémera marxe de ingresos aos concellos, que non o investiron en plans de desenvolvemento senón, basicamente, na construción ou renovación de infraestructuras publicas (cando non, segundo investígase, en fraude e pago de comisións políticas). Ningún dos ingresos públicos da época das ?vacas gordas? (2002-2007) xero ningún posto de traballo estable.
CONCLUSIÓNS E POSIBLES SOLUCIÓNS
- Implantación dun Plan de Comunicacións da Costa da Morte (2016-2025), que contemple a construción dunha vía de alta capacidade entre Cee-Dumbría e Santiago de Compostela e a finalización da conexión coa Coruña, co remate do tramo ata Bustelo (Dumbría). Implantación dunha conexión directa entre cada un dos polígonos con esas dúas vías de alta capacidade. Conexión de alta capacidade entre o Porto de Cee e o Polígono na localidade. Estudo detallado da viabilidad para a implantación dunha conexión ferroviaria co territorio.
- Instalación no territorio de banda longa (polo menos 100 megas) con implantación polo menos no 75% por cento do territorio e o 100% da superficie comercial-industrial
- Elaboración e desenvolvemento dun Plan de Desenvolvemento Industrial (2016-2021) que optimice e mobilice a implantación, con vantaxes económicas claras, de empresas e industrias xeradoras de emprego estable
- Elaboración e desenvolvemento dun Plan para Establecemento da Poboación (2016-2030) que ralentice ou acabe coa perdida de poboación. O pan deberá suscitar un crecemento da poboación no territorio a partir do limiar do ano 2025. Para o desenvolvemento deste plan deberán ser consultados todos os organismos con implantación na zona (sociais, económicos, culturais, etc..)
- Elaboración dun Plan de Desenvolvemento Empresarial que decida, por fin, cales son as directrices económicas do territorio. deberá acordarse que, no seu caso, si o turismo é a principal formulación futura, hanse de aportar investimentos nese campo, adecuar a lexislación en materia de protección paisajista e medio ambiental e potenciar a conservación dos valores e potencialidades turísticas (monumentos, instalacións, zonas urbanas, etc) en toda a zona, definindo con claridade e cun animo restrictivo que parte do territorio verase incluída neste plan e que parte non.
OS DATOS
Xustificación Xeográfica
Louzán explica a xustificación de escoller estes 9 concellos: Trátase dunha contorna xeográfica concreta, con problemas similares e de características comúns, a saber; concellos que basean a súa economía xeralmente (salvo nun caso) no sector primario (Pesca ou agricultura e gandería) e con pouca ou ningunha capacidade de crecemento fóra destes sectores.
As relacións socioeconómicas, administrativas ou culturais foron constantes entre eles ao longo dos últimos 50 anos sen excepción. Considerouse a conveniencia de incluír ao Concello de Laxe pero a sua vinculación comercial coa comarca de Bergantiños levounos a descartalo. Tamén igualmente no caso de Mazaricos, vinculado cada vez máis á súa conexión coa costa (Ría de Muros-Noia) e menos á difícil conexión por estrada con Dumbría.
Taxa de Paro por Concellos (Expansión, sobre datos do Ministerio de Empleo. 2015)
Concello
|
Taxa de Desemprego
|
Total Inscritos no Servizo de Colocación e Emprego (Sept 2015)
|
Camariñas
|
30,94
|
532
|
Carnota
|
28,83
|
340
|
Cee
|
22,68
|
721
|
Corcubión
|
32,06
|
135
|
Dumbría
|
34,55
|
312
|
Fisterra
|
34,18
|
444
|
Muxía
|
27,82
|
407
|
Vimianzo
|
24,22
|
562
|
Zas
|
21,33
|
362
|
Informe de Situación Costa da Morte 2016
Listado dos 100 municipios mais pobres de España (renda impoñible por declarante) de mais de 5000 habitantes (estudo INE 2015)
Concello
|
Posición no ranking
|
Renda anual por declarante
|
Muxía
|
3o
|
10.139 €
|
Camariñas
|
5o
|
10.583 €
|
Zas
|
6o
|
10.716 €
|
Carnota
|
53o
|
12.082 €
|
Vimianzo
|
56o
|
12.112 €
|
Importe medio dunha pensión por perceptor e número de perceptores por Concello (Datos IGE 2014)
Concello
|
Importe medio mensual
|
Número total de perceptores
|
Total Mensual por concello
|
Cee
|
848,05 €
|
1811
|
1.535.818 €
|
Corcubión
|
837,61 €
|
375
|
314.103 €
|
Dumbría
|
879,36 €
|
994
|
874.083 €
|
Fisterra
|
773,70 €
|
1255
|
970.993 €
|
Muxía
|
751,28 €
|
1482
|
1.113.396 €
|
Carnota
|
660,72 €
|
1627
|
1.074.991 €
|
Camariñas
|
738,21 €
|
1575
|
1.162.680 €
|
Vimianzo
|
659,95 €
|
2186
|
1.442.650 €
|
Zas
|
619,78 €
|
1593
|
987.309 €
|
Media y totales
|
752,07 €
|
12.898
|
9.476.023 €
|
Poboación a 1 de Xaneiro de 2015
Concello
|
Censo Total
|
Homes
|
Mulleres
|
Camariñas *
|
5577
|
2707
|
2870
|
Carnota
|
4284
|
2055
|
2229
|
Cee *
|
7723
|
3702
|
4021
|
Corcubión
|
1655
|
814
|
841
|
Dumbría
|
3077
|
1470
|
1607
|
Fisterra
|
4775
|
2405
|
2370
|
Muxía *
|
5025
|
2440
|
2585
|
VImianzo *
|
7520
|
3626
|
3894
|
Zas
|
4846
|
2337
|
2509
|
(* os que superan os 5000 habitantes)
Análise poboacional e perda de poboación residente (1981-2015)
Concello
|
1981
|
1996
|
2015
|
Camariñas
|
7220
|
(+129) 7349
|
(-1752) 5577
|
Carnota
|
7213
|
(-1073) 6140
|
(-1856) 4284
|
Cee
|
7531
|
(-179) 7352
|
(+371) 7723
|
Corcubión
|
2114
|
(-99) 2015
|
(-360) 1655
|
Dumbría
|
4778
|
(+204) 4982
|
(-1905) 3077
|
Fisterra
|
5322
|
(+75) 5397
|
(-662) 4775
|
Muxía
|
7080
|
(-446) 6634
|
(-1609) 5025
|
Vimianzo
|
9646
|
(-267) 9379
|
(-1859) 7520
|
Zas
|
7329
|
(-821) 6508
|
(-1662) 4846
|
TOTAL
|
58.233
|
(-2.477) 55.756
|
(-11.274) 44.482
|
PIB total e por habitante (IGE 2012)
Concello
|
MIles de Euros
|
Euros por habitante
|
Camariñas
|
74.646
|
11.616
|
Carnota
|
51.981
|
10.904
|
Cee
|
191.681
|
24.549
|
Corcubión
|
22.113
|
12.643
|
Dumbría
|
90.196
|
25.251
|
Fisterra
|
53.714
|
10.555
|
Muxía
|
60.593
|
11.409
|
Vimianzo
|
119.306
|
14.682
|
Zas
|
67.651
|
12.849
|
* PIB Nominal Galicia 2012: 20.330 €
Distribución de sectores por empresa (IGE 2014)
Concello
|
Industria
|
Construción
|
Servizos
|
Total empresas
|
Camariñas
|
34
|
77
|
238
|
349
|
Carnota
|
30
|
44
|
175
|
249
|
Cee
|
38
|
111
|
462
|
611
|
Corcubión
|
8
|
21
|
89
|
118
|
Dumbría
|
17
|
48
|
90
|
155
|
Fisterra
|
6
|
28
|
204
|
238
|
Muxía
|
34
|
64
|
187
|
285
|
Vimianzo
|
76
|
184
|
384
|
644
|
Zas
|
44
|
104
|
275
|
423
|
FONTE
- José Luís Louzán, para QPC.