xoves. 01.05.2025
El tiempo

José Luís Louzán estrea libro sobre o viño

José Luís Louzán estrea libro sobre o viño
Libro La revolucion del Vino de Jose Luis Louzan

Xa coñeciamos o amor polo líquido, para el, "elemento". Botámolo de menos nas Firmas QPC, pero a verdade é que estando nunha brega como a redacción e a búsqueda de editorial para un libro, é normal que se tomase o seu tempo.

Queremos darlle a noraboa a José Luís Louzán por ter conseguido sacar adiante un dos seus soños, escribir un libro sobre viño.
"La Revolución del vino" será presentado este venres 11 de outubro na Librería Ler de Cee, detrás do Mercado Municipal, e de seguro que estará moi ben arroupado por toda a xente que lle quere e por todos os amantes do viño que hai pola volta.

O propio Louzán se describe a si mesmo dende a súa Trastienda como escritor, "a miña pegada é escribir", e escribir sobre viño e a súa indiosincrasia sérvelle de terapia, ademais de darlle ás para seguir "aprendendo a coñecer, a percibir, a sentir".

El mesmo describe o libro: "La Revolución del vino" é ensaio. Tamén é un dicionario, un glosario. Tamén un pequeno listado de bodegas e agardo que así que pasen 30 anos sexa un documento. O primeiro libro escrito e impreso, a disposición do gran publico, que chama ao pan pan e ao viño, está claro, viño. O libro que desde a mais profunda humildad afirma que existen cousas que fan que o viño e a relación da humanidade coas vides sexan algo diferente e especial. Distinto a todas as demais actividades humanas transformadoras do que a natureza ofrécenos. Un vínculo ancestral. Un vínculo casi sagrado.

En breve comezará a venta nas Librería Ler de Cee e na web da Casa del Libro, pero mentres, poden preguntar directamente no correo larevoluciond@gmail.com.

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios