Liga da Costa: Cheira a outro gran Cee

02:37 19/09/16
O Unión conseguiu frear ao ata onte líder Corme e sacou un punto que avala a licencia para pensar histórico xigante como candidato a todo; intratable mantense o Castriz, que despertou ao Cerqueda
Cee e Corme xogaron un bo encontro - Foto: Fin Lema
Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com
Unión Club Cee 0-0 Corme
Campo: San Paio de Refoxos
Cee: Paulo, Nico, Jorgito, Esteban, Jose, Noé (Trillo m.75), Javi (Álex m.89), Martín, Leo (Javi m.62), Juan Bello (Gabi m.79) e Chiru (Carlos Leis m.62)
Corme: Susiño, Brais, Dani (Aitor m.87), Jesús, Toniño, Diego, Martín, Brais Corral (Jose m.68), Alejo, Lucas (Adolfo m.90) e Alejandro
Árbitro: Regos Martínez (A Coruña). Amonestou a Jose, Nico e Gabi do Cee; Alejandro e Lucas do Corme
Graduado para o Unión
Juan Bello foi do máis activo do Cee - Foto: Fin Lema
Eloy, do Corme, mancado a pasada semana - Foto: Fin Lema
Pasou a proba de altura o Unión Club Cee ante o líder Corme, ao que conseguiu maniatar e neutralizar as súas mellores armas. Os locais, moi ben prantados, concederon poucas opcións á imaxinación bergantiñán, e aproveitaron a experiencia dos seus pilares máis lonxevos. Dominou o esférico o cadro azulón, e disfrutou das mellores opcións, pero resistiron os de Rafa, que incluso tiveron algún achegamento perigoso. As dimensións do campo sorrían ao xogo rápido e combinativo dos Lucas, Brais e compañía, pero a tarxeta de presentación de doce goles en dúas xornadas non tivo continuidade.
Coristanco 1-2 Corcubión
Campo: A Rocheira
Coristanco: Dani, Mato, Gustavo (Iván m.89), Jonathan (Samuel m.55), Javi, Pazos, Gonzalo (Cristian m.56), Jorge, Damián (Añón m.67), Marcos Corral e Fabio
Corcubión: Abelleira, Alan (Mario Suárez m.75), Sebas, Antón (Adrián m.79), Lema, Toja, Jesús, Gabri, Tito (Roi m.50) (Mario Atán m.90), Andrés (Adri m.83) e Pablo Castro
Árbitro: Vilariño Hidalgo (A Coruña). Amonestou a Jorge do Coristanco; Antón, Mario e Sebas do Corcubión
Goles: 0-1 m.7 Andrés; 1-1 m.12 Gonzalo; 1-2 m.70 Andrés
O monstruo da ría Nes
Dous goles de Andrés 'Nes', o definitivo de xustificación do prezo dunha entrada, déronlle o triunfo á Unión Deportiva Corcubión. O Coristanco, rival directo dos branquiazuis na loita pola supervivencia, prantexou unha batalla directa, con intercambio de golpes de saída. Un saque de banda colgado ao área permitiulle a Nes facer o primeiro, con réplica case instantánea por parte de Gonzalo, tras tocar en Jesús da Anchoa. Mediado o segundo acto, Nes tirou de brocha gorda para pintar un cuadro perfecto na execución dunha pelota parada e firmou así o segundo e decisivo tanto. Na contra a piques estivo de acadar a tranquilidade unha UD que sufriu pero que sacou adiante un duelo chave na súa liga.
Monte Louro 4-3 Porteño
Montelouro-Porteño-Foto-Edu Olveira
Campo: Agra de Filgueira
Monte Louro: Santi, Abel (Cristian m.46), Pedro, César, Pablo Vidal, Adrián, Raúl, Miguel, Geiko, Riki (Juan m.82) e Juan de Celia (David m.77)
Porteño: Martín, Pejo, Manuel, Adrián, Jorge, Quilmes (Adrián García m.67), Wii (Cousillas m.65), Mario Toja, Marcos, Jorgito e Cachi
Árbitro: Casanova Vázquez (A Coruña). Amonestou a Abel, Pedro, Adrián e Geiko do Louro; Quilmes, Mario Toja, Jorge e Pejo do Porteño
Goles: 1-0 m.2 Riki; 1-1 m.32 Mario Toja; 2-1 m.41 Riki; 2-2 m.46 Cachi; 3-2 m.55 Juan d Celia; 4-2 m.63 Juan de Celia; 4-3 m.75 Cachi
Unha vitoria 'padre'
Celebrou con tres puntos a súa paternidade Óscar Leis, técnico do Monte Louro, que foi do vestiario ao Materno e viceversa. Os muradáns tiveron ocasións de sobra para sentenciar con 4-2, pero unha vez más demostrouse unha cousa: para vencer un partido teñen que estar finos os seus dianteiros. Os nervios e as facilidades defensivas a piques estiveron de custarlle incluso a cita, porque o Porteño apretou do lindo nos intres finais. Acabaron os loureáns pedindo a hora ante un cadro visitante ao que lle faltaron minutos.
Celebracion do gol do Montelouro-Foto-Edu Olveira
Castriz 3-0 Cerqueda
Campo: San Pedro
Castriz: Herrera, Rubén (Kevin m.50), Carlos, Adrián, Alberto Mata, Steven (Matías m.75), Nakata, Iván Pastoriza, Raúl, Alejandro e Landeira (Marcos m.75)
Cerqueda: Diego Dourado, Bastón, Dani, Sergio, Dani Mato, Míchel, Lorenzo, Jonás (Javi Pazos m.80), Adrián Vieites, Juanjo (Méndez m.55 e Pablo
Árbitro: Dacal López (A Coruña). Expulsou a Nakata, do Castriz (m.45). Amonestou a Carlos e Alberto Mata do Castriz; Jonathan e Dani do Cerqueda
Goles: 1-0 m.30 Adrián, de penalti; 2-0 m.62 Landeira; 3-0 m.80 Marcos
Un señor Castriz
Foi superior o Castriz a un Cerqueda que chegaba coa confianza e a ilusión polas nubes. Os combeses adiantáronse na primeira metade, grazas a un claro penalti transformado por Adrián. O resto do primeiro acto desenrolouse en forma de igualada contenda, con poucas alternativas nas áreas. Foi fugaz a tentativa visitante na reanudación, cun par de achegamentos perigosos. A partires do tanto de Landeira, o segundo, morreu o encontro e foi un monólogo do Castriz.
Buño 4-3 Laxe
Campo: Xaviña
Buño: Toni, Miguel Dourado, Pablo Canedo (Aitor m.77), Eloy, Dani Calvete, Emilio, Adrián (Jordán m.59), Jorge Calvete, Martín, Richard (Fran m.75) e Alexander
Laxe: Lamas, Jose, Aarón, Naya, Soneira, Manuel, Pablo Fuentes (Pedro m.65=), Gora, Reigía (Santi m.46), Felipe e Omar (Cristian m.57)
Árbitro: Cedeira Méndez (A Coruña). Expulsou a Alexander do Buño e Pedro do Laxe. Amonestou a Toni, Miguel Dourado, Pablo Canedo, Eloy e Jorge Calvete do Buño; Aarón do Laxe
Goles: 1-0 m.8 Martín; 1-1 m.15 Manuel; 1-2 m.17 Reigía; 1-3 m.20 Reigía; 2-3 m.28 Dani Calvete; 3-3 m.34 Alexander; 4-3 m.90 Jordan
Explosión e terremoto
Como no manuel de cine hitchcockiano, o derbi entre Buño e Laxe comezou cunha explosión de goles na primeira metade, ata seis, e acabou cun terremoto en forma de remontada e tanto final de Jordan, que lle da tres puntos a un cadro oleiro que aos vinte minutos xa tiña encaixado tres tantos. Foron excesivos e comúns os erros defensivos nun primeiro acto de ida e volta e con nerviosismo por ambas partes. A raíz do 3-3, e xa no segundo tempo, entrou o medo nun e outro, aumentou a intensidade e o espectáculo resentiuse.
Camariñas 2-1 Baíñas
Campo: Hermanas Patiño
Camariñas: Álvaro, Kevin, Sergi, David (Antelo m.54), Maikel (Brandon m.58), Pablo Suárez (Pablo Mouzo m.64), Gabri, Rodri, Moriño, Nazo e Yuyo
Baíñas: Maikel, Eloy (Héctor m.46), Braulio, Felipe, Jose, Jaime, David Blanco, Oreiro (Cristian m.79), Pablo Riveiro (Canay m.46), Samuel e Cristian
Árbitro: Núñez Fiuza (A Coruña). Expulsou a Sergi, do Camariñas (m.36) e a Felipe, do Baíñas (m.39), ademais de a Braulio (m.85). Amonestou a Moriño e Álvaro do Camariñas; Cristian e Héctor do Baíñas
Goles: 0-1 m.48 Jaime; 1-1 m.60 Brandon; 2-1 m.74 Yuyo
Camariñas-Baíñas-Foto-Brais
Yuyo volveu vestirse de líder
Remontada do Camariñas a costa dun Baíñas que ten comezado tan irregular como as súas fase de xogo nos encontros. Capaces do mellor e o peor, os vimianceses adiantáronse ao poco de comezar o segundo acto, cun bo tanto do ex do Zas Jaime. Os locais, con moito canteirán nas súas filas, foron medrando co paso dos minutos e creando accións de perigo. Brandon primeiro e Yuyo, nunha acción marca da casa, voltearon o marcador.
Baio 4-2 Ponteceso
Campo: Platas Reinoso
Baio: Recarey, Isaac, Yago, Porto, Moreno (Rubio m.62), Norber, Peke, Brais (Pedro m.75), Martín (Costiña m.86), Santi Díaz e MC (Eloy m.78)
Ponteceso: Brais, Matías, Nando, Alberto Recarey, Juanma, Dieguito, Baba, Charro (Mara m.64), Javi, Mendieta e Charly (Martín Puente m.58)
Árbitro: Domínguez Manteiga (A Coruña). Expulsou a Mara (m.90) do Ponteceso. Amonestou a Norberto e Porto do Baio; Recarey e Mendieta do Baio
Goles: 1-0 m.2 MC; 1-1 m.17 Matías; 2-1 m.20 MC, de penalti; 3-1 m.33 MC; 4-1 m.77 Santi Díaz; 4-2 m.85 Puente
Ponteceso-Baio-Foto-Curro
Big MC
Tres goles de MC na primeira metade encarrilaron o éxito do Baio ante o veciño Ponteceso, que non amosou a férrea imaxe doutras tardes. O atacante local abriu moi cedo o marcador, tras gañarlle a partida a Brais, que protexía a pelota. Igualou Matías cun disparo forte, pero un penalti cometido sobre Martín, e un balón picado de MC, deixaron o terreo moi empinado para os pontecesáns. Con espazos desmelenouse o Baio, que tivo oportunidades para aumentar a renta moito antes de que o prodixio da factoría Santi Díaz fixese o cuarto. O tanto final de Puente non tivo demasiada incidencia polas alturas de partido.
Mazaricos 2-0 Malpica
Campo: Peña do Ouro
Mazaricos: Miguel, Pedro de Pichín, Matías, David, Ricardo, Molinos, Estéfano, Diego Maneiro, Miguel Riveiro, Esteban e Pereiro
Malpica: Rubén, Óscar Moscoso, Cristian, Alberto Carballo, Isma, Jose, Alberto, Brais, Álex Márquez, Pablo Rey e Rubén
Árbitro: Baña Tajes (A Coruña). Amonestou a Ricardo, Molinos e Pereiro do Mazaricos; Cristian, Isma e Alberto do Malpica
Goles: 1-0 m.44 Molinos; 2-0 m.62 David
A chave a tivo Molinos
Un gol do punta Molinos, xusto antes do intermedio, resultou determinante no devenir dun igualado encontro entre Mazaricos e Malpica. Os bergantiñáns, con notables ausencias, xogaron moi arropados e tentando non caer en riscos excesivos. Tampouco pudo dispoñer de toda a súa convocatoria o conxunto amarelo.
Esteirana 1-2 San Lorenzo
Campo: José Luis Vara
Esteirana: Roberto, Damián Suizo, Rafa, Martín, Álex, Adrián, Pablo Rama, Codesido, Jaime, Simón e Tobío (Jose m.51)
San Lorenzo: Javi Souto, Rubén Varela, Kevin, Juanjo, Samuel (Rudi m.64), Pablo, Álex Taibo, Parafita, Juni (Jorge Pichel m.81), Fuentefría (Diego m.71) e Dani Pena
Árbitro: Paz Rodríguez (A Coruña). Expulsou a Damián Suizo (m.90) da Esteirana. Amonestou a Simón da Esteirana; Juni e Iván Parafita do San Lorenzo
Goles: 0-1 m.36 Parafita; 0-2 m.42 Álex Taibo; 1-2 m.56 Adrián
Traballado e sufrido
Custoulle ao San Lorenzo levar os tres puntos do José Luis Vara, ante unha animosa Esteirana, que se ben concedeu de máis en defensa si foi perigoso cando tentou irse arriba. Adrián deixou media hora por diante para a igualada local, pero o oficio do xove pero traballado cadro carballés administrou á perfección a vantaxe.








Máis información
- Mercado de fichaxes do Fútbol da Costa.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.