mércores. 30.04.2025
El tiempo

Liga da Costa: Fin do Camiño, principio da lenda

Liga da Costa: Fin do Camiño, principio da lenda
O fútbol da Costa recupera como rexidor ao Fisterra, esa antediluviana e pretérita institución que representa os valores máis ancestrais do balompé da zona; o triunfo en Camariñas foi o trámite necesario Fisterra estalou de alegría - Foto: SD FIsterra Fisterra estalou de alegría - Foto: SD FIsterra Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com   Camariñas 0-5 Fisterra
  • Campo: Hermanas Patiño
  • Camariñas: Pablo Novo, Rodri, Kevin (Cerbán m.77), Moriño, Soule (Martín m.70), David (Daniel m.65), Yuyo, Maikol, Paco (Pablo Mouzo m.60), Nico e Vieites
  • Fisterra: Norber, Rubia, Cote (Santi m.67), Roco, Jesús (Adrián m.80), Abel, Piti, Pablo Lestíon (Adri m.60), Rodri (Manuel Cartamil m.70), Robertín e Bruno (Mané m.71)
  • Árbitro: Pérez Rellán (A Coruña). Amonestou a Bruno, do Fisterra
  • Goles: 0-1 m.45 Bruno; 0-2 m.50 Pablo Lestón; 0-3 m.59 Pablo Lestón; 0-4 m.77 Robertín; 0-5 m.85 Adrián
O Camariñas durou unha parte - foto: Camariñas O Camariñas durou unha parte - foto: Camariñas Quince anos esperando un día como este Viva a nai que vos pariu!". Iso, nunca en día tan apropiado, foi o que se escoitou maiormente ao chegar a casa a expedición dunha Sociedad Deportiva Fisterra que, quince anos despois, volveu levantar unha Liga da Costa. O fixo nun encontro en chave de trámite lúdico-festivo, ante un Camariñas que propuxo resistencia ata exactamente o intermedio, e que despois non quixo emborronar o que era xa unha innegable celebración. Coa fame e a ambición debuxadas na faciana desde o primeiro minuto, o cadro verde recuperou ese elemento de casta que tan grandes ten feitas a xeracións e xeracións de fisterráns, moitos deles cunha orgullosa e feliz mirada desde a bancada. Como espello do que ten sido o resto do curso, o Camariñas propuxo unha ordeada resistencia, con saída rápida en contra en caso de atopar vías de circulación. O ritmo foi algo cansino nun inicio no que se notaba o chamamento á calma de Nacho. Circulana e circulaba o balón a SD, que incluso levaría un par de sustos de aúpa: un balón cruzado ao segundo pau que se estrelou no largueiro e botou na liña de gol, e dúas accións semellantes que atoparon a anticipación de Norberto. Sen Adrián de partida debido a unhas molestias físicas, reinventouse o plan fisterrán. O elemento de ruptura foi tanto o dinamismo de Bruno, algo desasistido, e a clase e potencia de Jesús, que fabricou el só tres opcións con resposta notable de Pablo. Parecía destinado ao suspense o guión do título. Pero a determinación do Fisterra valiu tamén para abrir unha brecha psicolóxica. Xusto na acción previa áo intermedio un pase entre liñas para o desmarque de Bruno atopou ao punta, que resolveu alto e seguro, a gol, ante Pablo. Era a administración desa vantaxe tremendamente sinxela para a SD, cun rival enfrente que chegaba nalgún arrión aillado, e que tampouco tiña ese punto de intensidad. E como en todo día grande, tiña que haber un selo de grandeza. E se o alirón ven coa firma de Lestón, pois dous selos. Lembrando a Nayim na final da Recopa que venceu o Zaragoza ao Arsenal, o corcubionés Pablo executou unha volea maxistral desde o medio do campo, colleu a Pablo retornando e asinou un tanto que xa queda para a retina e a memoria colectiva, do mesmo xeito que o de Adrián sete días atrás ante o Cee. Pero non se quedaría niso o pequeno gran talento, que dez minutos despois deixaría un golpeo de interior para enmarcar e sentenciar o título. De aí ao final foi unha media hora de abrazos, de sorrisos, de homenaxes, cánticos e ovacións aos heroes, que aínda deleitarían con dúas dianas máis: unha de altos vos de Robertín, e a inevitable chamada da selva do gol a un Adrián que, mancado, quixo sumarse á festa. Ata aí o espectáculo deportivo. QPC repasará en breve as chaves dunha celebración acorde coa xesta dun deses equipos 'feitos na casa' que amosou, ademais, que os barcos poden chegar á fin do mundo, desembarcar soños marabillosos.   Fisterra campion da Liga da Costa 2015-2016 De esquerda a dereita, Robertín, Rubia e Pablo Lestón, o gran protagonista do día - Foto: SD Fisterra De esquerda a dereita, Robertín, Rubia e Pablo Lestón, o gran protagonista do día - Foto: SD Fisterra Celebrando o titulo por Fisterra 2 [fbvideo link="https://www.facebook.com/FutboldaCosta/videos/963670113751646/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]   Mazaricos 3-2 San Lorenzo
  • Campo: Peña do Ouro
  • Mazaricos: Miguel, Matías, David, Ricardo, Chenel, Molinos (Jose m.68), Estéfano, David, Brais (Marcos m.64), Miguel Riveiro e Pereiro
  • San Lorenzo: Javi Souto, Isaac (Sergio m.80), Juanjo (Adrián m.55), Rudi, Kevin (Dani Pena m.55), Álex Taibo (Ángel m.80), Mario, Álex Figueiras, Juni (Fuentefría m.55), Parafita e Luis
  • Árbitro: Guerra Domínguez (A Coruña). Expulsou a Javi Souto (m.78) e a Adrián, do San Lorenzo (m.90), así como a Miguel Riveiro, do Mazaricos (m.63).
  • Goles: 1-0 m.14 Chenel; 2-0 m.37 David, de penalti; 2-1 m.63 Fuentefría; 2-2 m.84 Fuentefría; 3-2 m.90 Pereiro
Adeus a calquera aspiración Nun partido tenso e con polémica, ademais de alternativas no marcador, o San Lorenzo despediuse de toda opción de play off. E iso que ata Mazaricos chegaban novas da derrota do Zas en San Andrés. Foi unha contenda ruda e directa, como soen ser todas en Pino do Val. Os locais pagaron a expulsión de Miguel Riveiro na súa ordeada resistencia, aínda que sobre a labor arbitral houbo queixas en ambos lados.   Sporting Zas 3-2 Ameixenda Zas-Ameixenda-Foto-Alejandro Mel 2 Zas-Ameixenda-Foto-Alejandro Mel
  • Campo: San Andrés
  • Sporting Zas: Bugy, Cilindro, Josito, Manu, Diego Fernández, Dieguiño (Sande m.61), Isma, Adri, Rubio, Dani Mato (Brais m.81) e Chapela (Carlos m.80)
  • Ameixenda: Maikel, Demetrio, Javichu, Bichiño, Samuel, Álex, Jesús, Grille, Brais, Borja e David
  • Árbitro: Del Río Amor (A Coruña). Expulsou a Samuel (m.85) e David (m.85) do Ameixenda
  • Goles: 1-0 m.8 Diego; 1-1 m.26 Álex; 1-2 m.39 Álex, de penalti; 2-2 m.53 Rubio, de penalti; 3-2 m.86 Rubio, de penalti
Un sorprendente suspense no camiño á promoción Zas-Ameixenda-Foto-Alejandro Mel 2 Zas-Ameixenda-Foto-Alejandro Mel O Sporting Zas remontou ante o Ameixenda e asegurou a promoción de ascenso a Primeira Autonómica, aínda que tivo que sufrir moito máis do agardado, ante un moi competitivo cadro ceense, quen ademais protestou a labor arbitral. Pudo pecar de confianza excesiva o cadro sportinguista co madrugador tanto de Diego, tras unha gran asistencia de Chapela. Medraban e medraban os visitantes, que xa fixeran a Josito sacar un balón baixo paus. Álex, primeiro tras un gran pase lateral e pouco despois ao anotar un penalti por mans, volteaba o marcador. Acosou na segunda metade un Zas que sin embargo, sen o pichichi David Blanco, parecía ter a pólvora mollada. Tivo que ser desde a liña de penalti, primeiro por mans e logo por un derribo, como Rubio deixase aberta a fiestra do ascenso para o Sporting.   Cerqueda 1-2 Buño O derbi deixa ao Buño na Liga da Costa - Foto: UD Cerqueda O derbi deixa ao Buño na Liga da Costa - Foto: UD Cerqueda
  • Campo: Xaviña
  • Cerqueda: Diego Dourado, Darío, Xabi, Dani, Fernando (Sergio m.75), Fran, Brais (Sergio Bastón m.85), Fernandito (Juanjo m.54), Martín, Lorenzo e Eloy (Manu Guillamet m.32)
  • Buño: Toni, Miguel Dourado, Fran Borrazás, Eloy, Dimitri, Emilio, Jordan (David Dourado m.66), Dani Calvete, Richard (Pedro m.76), Víctor (David Castro m.75) e Alexander (Pablo Canedo m.72)
  • Árbitro: Larrosa Pérez (A Coruña). Expulsou a David Castro, do Buño (m.84). Amonestou a Brais do Cerqueda; Dani Calvete do Buño
  • Goles: 1-0 m.31 Lorenzo; 1-1 m.58 Alexander; 1-2 m.71 Víctor
Outro ano máis na Liga da Costa Un derbi con remontada incluida serviulle ao Buño para facer bos uns dous últimos meses de competición nos que Mauro pareceu terlle collido o pulso ao equipo. As baixas do Cerqueda, unidas á maior necesidade oleira, fixeron que o paso dos minutos primase a necesidade no que a dinámica de dominio se refire. Un bo tanto de Víctor, un clásico do clube, foi o significativo clímax.   Cabana 2-1 Volantes de Baño
  • Campo: As Redondas
  • Cabana: Adrián, Grille (Rubén m.57), David Varela, Isma (Miki Pose m.67), Jose, Adrián Rama, Álex (Diego Varela m.85), José Manuel, Christian (Alberto m.46), Dani Reigía e Fernando
  • Volantes de Baño: Javira, Julio, Álvaro, Javi, Pardelo, Mou, Álex, Ivi, Álex Siaba, Ramonsiño e Pedro de Paky
  • Árbitro: Sánchez García (A Coruña). Expulsou a Pardelo, do Volantes (m.84). Amonestou a Álex, Adrián e Pablo do Cabana; Álvaro, Ramonsiño e Julio do Volantes de Baño
  • Goles: 0-1 m.7 Álex Siaba; 1-1 m.24 Fernando; 2-1 m.89 Jose
Unha pequena honra final O Cabana atopou de novo a senda do triunfo, a costa dun Volantes de Baño que só reaccionou a metade de tempada. De novo os muradáns acudiron sen trocos, e foron de máis a menos. Un bo tanto do santiagués-muradán Siaba, ao pouco de comezar, premiou as boas formas dun Volantes que, non obstante, acabou sen combustible. Igualou Fernando no ecuador do primeiro tempo, e xa na recta final Jose tivo o premio á insistencia.   Unión Club Cee 3-0 Castriz
  • Campo: San Paio de Refoxos
  • Cee: Ángel Luis, Nico, Rubén Senlle, Agulleiro, Rubén Fiuza, Borja, Xabi, Josiño, Leo Picallo, Isma Lamela (Jorge Trillo m.83) e Jose Manuel (Isma m.77)
  • Castriz: Víctor, Iván (Dani Martínez m.64), Sergio, Richard (Martín m.46), Darío Capelo, Diego Maneiro, Alberto (Elías m.46), Fabián, Jose Manuel, Bolón e Álex Flores
  • Árbitro: Gesto Moral (A Coruña). Amonestou a Iván e Bolón, do Castriz
  • Goles: 1-0 m.5 Isma Lamela; 2-0 m.33 Leo; 3-0 m.74 Rubén Fiuza
O Cee reinventa o seu grupo Con caras moi distintas ás que comezaron a tempada, e un bo feixe de canteiráns, o Unión Club Cee superou con claridade a un Castriz vido a menos e que, desde que perdera as opcións de ascenso, ten mostrado un nivel moi inferior. Houbo opcións para os menos habituais nos dous bandos.   Carnota 2-2 Baíñas
  • Campo: Lombáns
  • Carnota: Andrés Sanjurjo, Pumuky, Adrián, Manolo Chouza, Abelardo, Nakata, Raúl, Jose, Adrián Lourido (m.67) Manuel Luis e Miguel
  • Baíñas: Sergio (Joselu m.46), Matías, Pablo Rey, Mario Casal, Cristian (Tantán m.57), Tasky (Carliños m.73), Javi Suárez, Jaime, Alemán, Samuel (Canay m.57) e Dani Casal
  • Árbitro: Vilariño Hidalgo (A Coruña).
  • Goles: 0-1 m.15 Dani Casal; 0-2 m.16 Tasky; 1-2 m.48 Manuel Luis; 2-2 m.78 Bernardo
Reacción e sorpresa O baixo índice de revolucións ao que se xogou o Carnota-Baíñas provocou un desenlace pouco agardado, e menos cando ao cuarto de hora un bo remate de Dani Casal e outro de Tasky puxeran en clara vantaxe aos vimianceses. Houbo carrusel de cambios visitante, e cos carnotáns sen nada que perder, estes botáronse arriba. Manuel Luis e Bernardo, este a doce minutos do final. igualaron.   Esteirana 1-0 Porteño Non é que os uniformes se distinguisen á perfección - Foto: CF Porteño Non é que os uniformes se distinguisen á perfección - Foto: CF Porteño
  • Campo: Jose Luis Vara
  • Esteirana: Roberto, Dani Rama (Anxo m.57), Damián, Martín (Xián m.38), Álex, Adrián (Brais m.60), Pablo Rama, Eloy Campos, Codesido, Iker (Carlos m.46) a Tobío
  • Porteño: Martín (Jose m.73), Jorge, Adrián, Pejo, Manuel, Cousillas (Matías m.77), Wii (Rodri m.69), Quilmes, Abenl, Cristian e Iago
  • Árbitro: González Rey (A Coruña). Amonestou a Adrián, Damián e Tobío da Esteirana; Cousillas, Wii e Tajes
  • Gol: 1-0 m.90 Eloy Campos
Mazazo ao contragolpe Sufriron un duro revés as opcións de permanencia dun Porteño que non foi quen de aproveitar as súas oportunidades ante unha Esteirana salvada. Na primeira metade, unha vaselina fallida de Cristian e un córner rematadi por Pejo fueron as mellores opcións visitantes. Continuou a dinámica na reanudación, que cando tocaba ao seu fin deixou unha contra montada polos locais, tras un córner a prol do Porteño. A xogada acabaría en gol de Eloy Campos.   Ponteceso 2-2 Coristanco
  • Campo: O Pinguel
  • Ponteceso: Xurxo, Diego Collazo, Pablo Regueiro (Brais m.42), Nando, Juanma, Diego, Iván, Youssef (Mohssin m.80), Mendieta, Christian e Charly
  • Coristanco: Ignacio, Marcos, Jorge, Juan Lagoa, Álex Mato, Antonio (Gonzalo m.75), Iván Pena, Javi, Pablo Díaz, Samuel (Adrián m.80) e Iván
  • Árbitro: Casanova Vázquez (A Coruña). Amonestou a Juanma do Ponteceso, Mallón e Iván Pena do Coristanco
  • Goles: 0-1 m.28 Iván Pena; 0-2 m.56 Samuel; 1-2 m.68 Mendieta; 2-2 m.80 Christian, de penalti
Sorpresón no Pinguel Un Coristanco moi dubitativo a domicilio durante todo o curso sacou un punto, e a piques estivo de que foran tres, da súa visita ao Ponteceso. Os locais déronlle minutos a algúns dos menos habituais, pero levaron o peso. Unha pena máxima anotada por Charly na recta final deixou un punto na Vila de Pondal.  

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).

Comentarios