Liga da Costa: Os 800 de Baio

04:25 26/09/16
O clube branquiazul celebrou esa cifra de partidos na Liga da Costa cun triunfo sobre o Malpica; en Corcubión, o peixe pequeno comeu ao grande Cee, nun derbi de infarto
David firma o gol de Louro - Foto: Edu Olveira
Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com
UD Corcubión 2-1 Unión Club Cee
Campo: Cubaleiro
Corcubión: Abelleira, Alan, Sebas, Antón (Adrián m.68), Lema, Toja (Mario m.81), Jesús da Anchoa, Gabi, Tito (Roi m.50), Nes e Pablo Castro
Cee: Paulo, Nico, Jorgito, Julito, Josiño, Esteban, Javi (Charly m.80), Carlos Leis, Leo, Penedo (Gabi m.74) e Martín
Árbitro: Martínez Rodríguez (A Coruña). Expulsou a Sebas, do Corcubión (m.88). Amonestou a Jesús da Anchoa, Gabi, Toja e Adrián do Corcubión; Esteban e Julito do Unión Club Cee
Goles: 0-1 m.46 Carlos Leis; 1-1 m.48 Toja; 2-1 m.86 Lema
Como hai que vencer un derbi
Ao final, con empurre e ata sen xogar especialmente ben. A Unión Deportiva Corcubión levou o derbi contra o Cee como máis gusta, e como acostuma a suceder en tódolos clásicos do mundo. O que chegaba invicto, o Unión, asumiu a iniciativa, aínda que os locais formularon unha resistencia intensa e de presión longa que elevaron xa de saída o ritmo da cita. Sacudiuse ese problema un Cee que, a través de Nico, comezou a chegar e crear perigo, aínda que sen profundidade. Ningún deses caminos levara ao gol no acto inicial, pero nada máis retornar de vestiarios, e tras un saque de banda, Carlos Leis recolleu unha bola no área, rematou e, tras tocar en Paulo, abriuse o marcador a prol do Cee. Aparecería para entón o invitado sorpresa da tarde, unha fantasma habitual por Cubaleiro: o vento. Unha falta desde case a medular foi botada por Toja e levada en volandas por Eolo, de tal xeito que Paulo, que intuía un centro, non pudo evitar o tanto da tarde. Tentou emular esa sorte o Unión de aí ao final, e xerou incertidumbre en balóns colgados nos que Abe ben mereceu o MVP. E faltaba pechar a película como máis da que falar: cun penalti. Unhas mans no área ceense foron castigadas con penalti. Lema non desaproveitou a ocasión e firmou o tanto do triunfo, que a piques estivo de non ser tal se o colexiado non tivera anulado por mans un gol posterior de Julito.
Porteño 3-1 Coristanco
Campo: A Grixa
Porteño: Martín, Pejo, Adrián, Jorge, Quilmes, Wii, Mario Toja (Cousillas m.23), Marcos, Jorge Velo (Xoel m.87), Cachi e Caamaño (Manu m.65)
Coristanco: Dani, Álex Mato, Gustavo (Gonzalo m.65), Jonathan, Javier, Pazos (Rial m.55), Jorge, Samuel, Marcos Corral, Cristian e Iván (Añón m.65)
Árbitro: García Gómez (A Coruña). Expulsou a Pejo (m.74) do Porteño e a Álex Mato (m.71) e Rial (m.89) do Coristanco. Amonestou a Cousillas e Quilmes do Porteño; Marcos do Coristanco
Goles: 1-0 m.36 Porto; 2-0 m.38 Cachi; 2-1 m.44 Jorge Lorenzo; 3-1 m.50 Marcos
Cando tiña que pasar
Retornou o Porteño á senda positiva, e o fixo xusto cando máis o necesitaba. Os de Javi Baña derrotaron ao Coristanco, rival directo, nun partido moi lonxe de merecer o calificativo de vistoso. Abriu o marcador Porto, despois dun rexeite do inicial remate de Pejo en falta lateral. Aumentou a conta Cachi, noutro balón morto, que convertía o marcador nun espello do que sucedía na dinámica de xogo. Respirou lixeiramente o cadro 'pataqueiro' antes do intermedio, nunha acción notable de Jorge. Foi o segundo acto unha continuación case calcada ao inicial, cun madrugador gol de Marcos tras tocar nun oponente, e sen demasiada presencia nas áreas.
Cerqueda 3-2 Monte Louro
Tivo que agardar o Cerqueda ata o final - Foto: Edu Olveira
Imaxe dun gol do Cerqueda - Foto: Edu Olveira
Campo: Xaviña
Cerqueda: Diego Dourado, Dani Mato, Uru (Javi Pazos m.20), Dani, Sergio, Míchel, Iván Mato, Lorenzo, Adrián Vieites, Pablo (Athu m.88) e Martín (Méndez m.70)
Monte Louro: Santi, Abel, David, César, Jose, Yeray, Raúl, Miguel (Juan m.87), Geiko (Gelo m.77), Riki e Juan de Selia (Pedro m.46)
Árbitro: Vilariño Hidalgo (A Coruña).
Goles: 1-0 m.23 Lorenzo; 1-1 m.56 David; 1-2 m.68 Riki; 2-2 m.75 Iván Mato; 3-2 m.78 Lorenzo
Lorenzo e os Mato constrúen unha remontada
É unha festa de goles cada partido dun Louro que parece xogar a unha ruleta rusa: unhas veces sae a favor e outras parece un suicidio. Tocou esta vez en Buño ante o Cerqueda a parte negativa. Comezaron ben os muradáns, pero ao descanso dominaba no marcador un Cerqueda algo irregular, e que a partires da hora de partido pareceu desaparecer. Foi entón cando o poderío ofensivo deulle ao cadro muradán a opción de remontar, cos dous acertos de cara a porta de David e Riki. Pero aínda habería remontada da remontada, e nese rol foron protagonistas os irmáns Mato e Lorenzo. Na igualada asistiu Dani Mato ao espazo para Iván, mentres que no terceiro de novo Dani Mato fixo de asistente e Lorenzo, entrando só, puxo o 3-2 decisivo.
Laxe 0-0 Castriz
Campo: Cabo D'Area
Laxe: Lamas, Aarón (Bras m.80), Naya, Jacinto, Borja, Manuel, Gora, Omar (Reigía m.55), Esmorís (Miguel Varela m.63), Felipe e Pablo Fuentes
Castriz: David, Adrián (Matías m.82), Carlos, Adrián García (Marcos m.82), Alberto Mata (Kevin m.63), Steven, Pastoriza, Martín, Raúl, Alejandro e Landeira
Árbitro Maneiro Santos (A Coruña). Expulsou a Alberto Mata (m.87) do Castriz. Amonestou a Jacinto e Pablo Fuentes do Laxe; Landeira e Carlos do Castriz
Primeira non vitoria do Castriz
Contaba o Castriz por triunfos os seus partidos, pero o conxunto combés, que aínda así garda a primeira praza, non pudo pasar dunha igualada sen goles no campo dun combativo, aguerrido e ordeado Laxe. Non houbo demasiadas oportunidades de perigo e, aínda que os xalleiros buscaron o dominio da pelota, faltou a claridade de ideas de días anteriores.
Corme 0-0 Mazaricos
Non houbo vencedores no Cairo - Foto: Fin Lema
Un bo Corme segue sen gol - Foto: Fin Lema
Campo: O Cairo
Corme: Jose, Jesús (Sergio m.57), Cousillas, Pandi (Adrián Doldán m.57), Toniño, Diego, Martín, Alejandro, Alejo, Lucas e Brais
Mazaricos: Miguel, Pedro de Pichín, Matías, David, Ricardo, Molinos (Oreiro m.79), Estéfano, Dani Martínez (Martín m.81), Manuel Luis, Pereiro e Miguel Riveiro (Ramón m.58)
Árbitro: Ordóñez Rodríguez (A Coruña). Amonestou a Martín do Corme e Molinos e Pereiro do Mazaricos
O arsenal semella humedecido
Dous partidos seguidos sen marcar para o Corme resulta case que unha anomalía difícil de lembrar. Dominou e tentouno tonto ante un Mazaricos que buscou fútbol directo e que tivo no meta Miguel ao seu home máis destacado. Tres ocasións clamorosas tivo o expichichi Alejo, que non disfrutou da súa tarde. Os bergantiñáns, iso si, teñen amosado unha gran sobriedade defensiva.
Baíñas 0-1 Buño
Campo: Municipal de Vimianzo
Baíñas: Maikel, Abraham (Iván m.57), Eloy (Trillo m.65), Samuel, Jose Antonio, Jaime, David Blanco, Canay, Pablo Riveiro, Esteban e Cristian
Buño: Toni, Miguel Dourado, Pablo Canedo, Eloy, Aitor, Emilio, Adrián, Dani Calvete, Jordan (Richard m.75), Jorge Calvete (Fran m.80) e Martín (Eloy m.88)
Árbitro: Pérez Rellán (A Coruña). Amonestou a Martín e Eloy do Buño
Gol: 0-1 m.22 Martín
O Buño reinventado
Traballado, sufrido e importante triunfo do Buño en Vimianzo, onde o cadro de Mauro amosou unha vez máis que é un dos conxuntos máis imprevisibles da categoría. Cun once moi atípico o Baíñas tentou dominador, pero atopouse cun rival moi ben prantado e que concedeu pouco. O tanto de Martín, no ecuador do primeiro acto, resultou chave.
Campo: O Pinguel
Ponteceso: Brais, Juanma, Matías, Charly, Martín Puente, Dani Cotelo (Youssef m.75), Nando, Alberto Recarey (Eloy m.30) Dieguito, Charro (Gurita m.83) e Iago
Esteirana: Roberto, Eloy Veloso, Rafa, Martín, Álex, Brais, Pablo Rama, Eloy, Carlos (Iker m.66), Codesido e Rubén
Árbitro: Castiñeira Blanco (A Coruña). Amonestou a Charro, Eloy e Gurita do Ponteceso; Jaime da Esteirana
Goles: 0-1 m.75 Eloy; 0-2 m.83 Iker
'Baby' sorpresón
Unha moi xove Esteirana conquistou O Pinguel de Ponteceso, ante un conxunto local con baixas importantes, e tamén sen puntería. Levaron os de Barca o peso do partido, con Iago marrando un man a man (tamén a Esteirana tivo un) e creando progresivamente accións de perigo. Co Ponteceso volcado, un balón longo ás costas da defensa foi aproveitado por Eloy para abrir o marcador
Malpica 1-4 Baio
Capis e arbitro do Malpica-Baio- Foto-Santi Soneira
Campo: A Pedra Queimada
Malpica: Ángel, Óscar Moscoso, Alberto, Isma, Jose Luis (Mario Casal m.28), Alberto H, Brais Lado, Eloy Cabeza, Rubén, Cololo e Diego Casáis
Baio: Julián (Cedrón m.90), Isaac, Yago, Porto, Santi Díaz, Norberto, Peke, Brais, Martín, Javi Suárez (Moreno m.55) (Costiña m.89) e Martín MC (Ramón m.78)
Árbitro: Méndez Castro (A Coruña). Expulsou a Diego Casáis (m.24) e Óscar Moscoso (m.40) do Malpica. Amonestou a Fernando, Rubén e Mario Casal do Malpica; Brais Garrido do Baio
Goles: 1-0 m.4 Brais Lado; 1-1 m.43 MC; 1-2 m.78 Norberto; 1-3 m.80 Santi Díaz; 1-4 m.88 Rubio
Malpica-Baio-Foto-Santi Soneira
Os 800
O clásico costeiro entre Malpica e Baio confirmou a progresión do equipo de Pedro Gómez, e deixou tamén unha sucesión de feitos chave que marcaron a cita. Os bergantiñáns empezaron marcando moi cedo, cunha boa acción do corcubionés Brais. Moi ben prantado, resistiu un Malpica que quedou con nove despois dúas faltas de Diego Casáis, e con nove tras un penalti cometido por Óscar Moscoso sobre Javi Suárez. Non fallou MC. Na segunda metade arropouse o Malpica e custoulle moitísimo ao Baio entrar. Non o fixo ata que quedaban doce minutos, por medio de Norberto. Era o partido 800 do Baio na Liga da Costa.
San Lorenzo 4-1 Camariñas
Campo: As Pedreiras
San Lorenzo: Javi Souto, Rubén Varela, Kevin, Juanjo, Samuel, Pablo Díaz (Fuentefría m.60), Dani Pena, Iván Parafita, Juny (Rudi m.83), Álex Taibo e Jorge Pichel (Diego Varela m.60)
Camariñas: Álvaro, Kevin, Moriño, Rodri, David Pasantes (Brandon m.66), Yuyo, Maikel (Javi m.57), Pablo Suárez, Pablo Mouzo, Gabi e Nazo
Árbitro: Del Río Amor (A Coruña). Expulsou a Rodri (m.52) do San Lorenzo. Amonestou a Javi Souto, Juny e Samuel do San Lorenzo; Álvaro, Kevin do Camariñas
Goles: 0-1 m.40 Maikel, de penalti; 1-1 m.65 Juny; 2-1 m.76 Juny; 3-1 m.88 Diego Varela; 4-1 m.90 Álex Taibo
Remontada express
Engañoso resultado nas Pedreiras de Verdillo, entre un San Lorenzo e un Camariñas que durante máis dunha hora tiña puntos na súa bagaxe. Foi chave a expulsión de Rodrigo, que mermou a resistencia dos da Vila do Encaixe. A mobilidade e oportunismo de Juny abriron o exercicio de paciencia dos carballeses.







