Moito máis que un almanaque


“Avanzouse moito na eliminación de barreiras físicas, pero non se avanzou na eliminación de prexuízos sobre as persoas con discapacidade”. Con esta frase resumiu o presidente de Íntegro, Adolfo López Baña, a mensaxe que a asociación quixo trasladar á sociedade no Día da Diversidade, o pasado 3 de decembro no Forum Carballo durante a presentación do primeiro calendario da historia da entidade.
Pero é moito máis que un almanaque, por moitas cousas. Está protagonizado por usuarios e usuarias de Íntegro e por persoeiros dos mundos da canción, a universidade, a literatura, o xornalismo, a restauración, o deporte... que fixeron de modelos dunha maneira desinteresada. Tamén colaboraron 11 fotógrafos altruistamente.

Ademais, ca venda do calendario, que custa só 5 euros, será posible contribuír ao financiamento do servizo de ximnasia terapéutica que ofrece Íntegro no seu centro de Nantón, e que resulta imprescindible para que as persoas con diversidade funcional gocen dunha vida saudable e de calidade.
E, en terceiro lugar, porque grazas ao traballo de moitas persoas e empresas, como a carballesa donCLIC, que se encargou do deseño e a maquetación, ou a tamén carballesa Comunicar, que se ocupou da produción e xestión, a Asociación Íntegro dá un paso máis cara o seu obxectivo de cambiar a mirada da sociedade cara as persoas con diversidade funcional.
Puntos de venta do calendario:
Marcos Monterroso (Lugo), donCLIC (Carballo), Modas Suárez (Carballo), Cafetería Valle-Inclán (Carballo), Fisioterapia Eva Senande (Canduas- Cabana), Floristería Amamber (Cabana), Cavident (Ponte do Porto), Centro de Estética Mónica Coscoñas (Vimianzo), Parafarmacia Horizonte (Baio), Fisioterapia Vértebra (Baio), Lencería Marta (Baio), Papelería A Pesqueira (Ponteceso), Panadería Forno Novo (Malpica), e Restaurante A Mundiña (A Coruña).