Muchachito e Festicultores Troupes únense ao cartel do XXII Asalto ao Castelo de Vimianzo
19:27 27/04/17
Ademais da música tradicional (da man de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre) e do rock bravú (con Herdeiros da Crus), a rumba e a festa irreverente terá o seu lugar no Asalto ao Castelo de Vimianzo, que terá lugar o día 1 de xullo. Así Muchachito Bombo Infierno e Festicultores Troupe súmanse ao cartel do día grande dunha festa que se alonga durante as semanas previas. Ademais, nesta 22ª edición, a organización prepara o aniversario dos 550 anos do comezo da Guerra Irmandiña en 1467.
"Ojalá no te hubiera conocido nunca" foi o éxito que lanzou á fama a Muchachito en todo o territorio nacional. Jairo Perera Viedma naceu en Santa Coloma de Gramenet en 1975. Unha localidade no extrarradio de Barcelona, cunha gran inmigración de familias do sur de España. De neno comeza a tocar a guitarra e co seu irmán comeza a interesarse polo rock. Tras varios grupos creados no barrio, comeza a xirar por varios locais dándolle un estilo moi persoal á súa música, fortemente influenciada pola rumba catalana. Crea incluso o rumboxing, rumba “máis swing” a unha velocidade á que poucos poden chegar.
Sobre o escenario ou no seu mítico carro amplificado remolcado por un motocultor, os Festicultores transforman cada festival pola que pasan na maior pista de baile do mundo. Os máis experimentados cultivadores de festas de Galicia volven á carga coa súa mestura de humor, performance e música festeira que non deixa indiferente a ninguén. s atmosferas ciganas e trouleiras coas que enche as rúas e escenarios fan que o público non deixe de bailar, aínda que non queira.
Novas relacionadas
- Asalto 2017: Asociacións e grupos da Terra de Soneira invitados a participar no desfile das Irmandades Parroquiais do Asalto ao Castelo
- Asalto 2017: Xabier Díaz e Herdeiros da Crus tocarán na XXII edición do Asalto ao Castelo
- Asalto 2016: Os irmandiños volven a Vimianzo
- Asalto 2016: Dezaoito pinchos irmandiños poñen o toque gastronómico do Asalto ao Castelo
- Asalto 2016: O Asalto ao Castelo premia aos mellores traxes medievais e ás fachadas mais singulares
- Asalto 2016: Os irmandiños presentan o cartel do XXI Asalto ao Castelo
- Asalto 2016: Póñense á venda as primeiras entradas para a Cea Medieval do Asalto
- Asalto 2016: Ábrense as inscricións para a VI feira artesanal do Asalto ao Castelo
- Asalto 2016: Os hostaleiros de Vimianzo prepáranse para os pinchos irmandiños
- Asalto 2016: O Asalto ao Castelo quece motores cunha reunión organizativa
- Asalto 2015: O XX Asalto ao Castelo 2015, xa no youtube.
- Asalto 2015: A representación teatral reivindica a singularidade dos 20 anos do Asalto ao Castelo.
- Asalto 2014: Os rollos da Marquesa; gañador dos pinchos irmandiños do Asalto ao Castelo de Vimianzo.
- Asalto 2013: Asalto ao Castelo, a traca final (en vídeo).
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Asalto ao Castelo