Novos contidos para a nova temporada do Fútbol da Costa

08:01 02/09/17

Novos contidos
Ademais, QPC renova o seu equipo de redacción deportiva. Temos que lamentar a marcha Guillermo Parga (ao que agradecemos encarecidamente o seu traballo e a súa afiada pluma da que tanto temos aprendido estes anos), pero seguiremos traballando para segur vertebrando a Costa da Morte a través do Fútbol, dende Malpica ata a Serra de Outes. Para iso, ademais da plataforma www.futboldacosta.com, teremos os seguintes contidos no propio QPC:- Crónica dominical: cada domingo, como sempre, despois do carrusel en directo, traeremos un pequeno comentario co máis destacado de cada fin de semana.
- Crónicas dos luns: os luns, ao longo da mañá, traeremos as crónicas das 4 ligas principais (Preferente Norte, 1ª, 2ª e 3ª Galega).
- Entrevista da semana: Os martes traeremos unha entrevista con algún destacado da xornada.
- A Pipa: coma sempre, os martes, Manolo Corredoira traeranos unha resumida análise das 4 Ligas, ideal para manter o pulso de todas as competicións.
- Crónicas Xuvenís: Os martes, pola tarde, traeremos tamén as crónicas dos Xuvenís.
- Horarios: Os mércores pola mañá actualizamos os horarios de todas as Ligas Federadas en www.futboldacosta.com.
- ”Ollando a canteira”: os xoves, alternándose coa sección de Historia, teremos unha ollada ao fútbol base, falando cos protagonistas.
- ”Unha de Historia”: os xoves, alternando coa sección de Canteira, traeremos fantásticas reportaxes da historia do noso fútbol. Hai moito que contar!
- Previa co Partido da Xornada: O venres faremos a previa xeral, destacando ademais o partido máis destacado da xornada falando cos protagonistas.
- Carrusel tecnolóxico: o sábado actualizaremos todos os resultados de todas as Ligas federadas segundo vaian rematando os partidos en www.futboldacosta.com e os domingos, ademais teremos o carrusel cos goles en tempo real das 4 ligas principais.
Máis información
- www.futboldacosta.com: Todas as táboas dos horarios, resultados, clasificacións e marcadores en tempo real.
- Toda a actualidade do noso fútbol na Páxina de Facebook “Fútbol da Costa”.
- Mercado de fichaxes “donCLIC” do Fútbol da Costa 2017/2018.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).