O 95% dos adolescentes engánchanse á internet


Chéganos hoxe un interesante estudio de Adicciones Digitales sobre a incidencia da tecnoloxía na mocidade galega. Un estudio que fará tremer a máis dunha nai, cando comprobe que o 95,3% dos adolecentes galegos (na Costa seguro que algo menos) utilizan o ordenador regularmente.
I é que os medios para pasar o aburrimento están cambiando, e onde estaba a tele, agora temos a internet. Pouco a pouco, parece que a sociedade vai ter que irse decatando do poder da rede, e dos medios dixitais.
Vai máis alá o estudio e sinalan que nestes próximos días, na volta a casa tralas vacacións, os mozos de entre 10 e 15 anos pasarán horas e horas enganchados a Internet.
Para sacar estas conclusións, non hai máis que ter en conta que o 85.5% dos nenos galegos desa idade son usuarios de Internet e conectáronse á Rede polo menos unha vez nos últimos tres meses. A nivel nacional as cifras ascenden ata o 87.3%. Ademais, o 67,8% dispón de teléfono móbil fronte ao 66.7% da media nacional. E hai que considerar que, xeralmente, eses móbiles son dos chamados "intelixentes" e teñen acceso á Rede. Son datos de 2010 facilitados polo Instituto Nacional de Estatística.
Novas relacionadas
- A Autovía, o Tren das 3C e unha boa liña de internet son as infraestruturas máis necesarias para a Costa da Morte.
- Da incidencia da internet na política da Costa da Morte.
- Da incidencia do Facebook no Fútbol da Costa.
- A Costa da Morte no corazón das TIC galegas.
- A Costa da Morte á cola da implantación da internet en Galicia .
Fonte
- Nota de prensa de Adicciones Digitales.