venres. 16.05.2025
El tiempo

O Castelo do Soberano convertirase nun establecimento de turismo rural

O Castelo do Soberano convertirase nun establecimento de turismo rural
Imaxe do Castelo do Soberano - Pincha na foto para velo completo en Recunchos da Costa

Xa coñeciamos hai 2 anos que había un proxecto en mente. O dono dos terreos do Castelo do Soberano, Juan José González Soto, dono do Restaurante Puerto Arnela, levan tempo detrás da idea de rehabilitar esta fortaleza do século XVIII. E parece que o proxecto agora xa non só está en mente, senón que está en marcha.

Hoxe anunciaba a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, que colaborará co Concello de Camariñas para que ambas administracións colaboren na recuperación da parcela para habilitar unha zona histórica deste municipio para o goce de veciños e visitantes.

O concello recibiría a cesión do castelo, que conta con categoría de ben de interese cultural (BIC), e a súa zona verde para uso público; e fóra da servidume de protección do Dominio Público Marítimo Terrestre, mentres que o promotor desenvolvería unha instalación de turismo rural que resultase potenciador do medio, próxima aos restos do castelo, nos que se faría unha actuación de posta en valor, con carácter museístico.

A maqueta da reforma do Castelo do Soberano xa esta na Xunta

Canóns do Castelo

Os canóns do Castelo do Soberano volverán ao seu lugar no museo que se abrirá

Ademais, o proxecto inclúe tamén a recuperación para o museo dos canóns do Castelo, que se utilizaron como amarre no porto camariñán durante moito tempo.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios