A UD Cerqueda, filosofía #Futbolidaria

07:31 02/12/15

Non para o Fútbol da Costa de traballar en prol da solidariedade. Xa fixo a SD Sofán coa Cea Solidaria para cos refuxiados Sirios, e xa o fixera a UD Cerqueda axudando ao Banco de Alimentos no Trofeo estival dos Petóns.
Volve agora a directiva da UD armar unha cita, co Partido Solidario que artellará aproveitando a visita do Camariñas ao Campo de Xaviña o vindeiro 6 de decembro ás 17:00h.
Todo o recadado será destinado ós Servizos Sociais do Concello de Malpica para mercar xoguetes, coa intención de que este Nadal, ningún neno perda a ilusión.
Máis novas "fútbolidarias"
- Cando o fútbol se volca ca solidariedade.
- QPC fai entrega en Santa Comba do material deportivo colleitado no Partido Solidario do Fútbol da Costa.
Novas relacionadas
- “Estoulle sendo infiel ao fútbol… cos meus fillos”.
- O Fútbol Base volve a Pedra Queimada.
- Remata o Curso de Monitor de Fútbol Base de Santa Comba e convócase un novo para Muros.
- Grandes nomes na lista de Pichichis das Ligas da Costa.
- TNT Yanki.
Máis información
- Xa temos o cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Mercado de Fichaxes: As Altas e Baixas dos equipos do Fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).