![A Aldea Gala de Lirex ganou o Entroido de Dumbria]()
A Aldea Gala de Lirex gañou o Entroido de Dumbría
15 comparsas e máis e 400 persoas participantes dan conta de que o Entroido de Dumbría está sendo o gran revulsivo dos últimos anos. As comarcas de Fisterra, Soneira e Carnota-Muros xa teñen o domingo reservado para demostrar que #DumbríaéEntroido.
Talento, creatividade e festa, para superar o frío, nun concurso dirixido por Fede Pérez, todo un figura en escena. Abriron a xornada os peques mimos da comparsa municipal, que participou fóra de concurso para sacar o sorriso de todo o persoal.
![Ateigado a carpa para o Entroido de Dumbria]()
Ateigada a carpa para o Entroido de Dumbria
Pouco a pouco foron saltando as comparsas grandes, chegadas de boa parte da comarca. Comezaron os MiniStarWars de Cee, seguidos dos Ponte a Bailas de Camariñas e dos Vuelta ao Cole e Os Parrandeiros de Baíñas. Deu conta da importancia deste entroido a chegada, dende Traba de Laxe, dos rapaces de A Maxia dos Contos.
Los Niños del Coro non tiveron a descansar do
sábado entroideiro fisterrán e tiraron de arte para dar candela a todo o que pasaba por aí.
[fbvideo link="https://www.facebook.com/jorgeparri/videos/10205704457033046/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]
Era tempo de invasións, e a aldea gala de Lirex sacou de retranca para demostrar que falando de pactos, poucos mellor que os plumóns do César e Asterix. Levaron o primeiro para Cee, tralos votos do xurado que os escolleron por diante dos locais de Buxantes Calidade, que non puideron levar a espectacular carroza de
La Bella y la Bestia que tiñan preparada por mor do tempo. Os Ferrío e compañía tiraron de retranca coas súas propias cousas e os propios bigotes…
Terceira forza para Gures e o seu simpático afundimento do Titanic, cunha historia de amor tamén en clave estatal entre Pedro e Mariano…
Simpatico foi o neno sobre, que levou o premio ao mellor disfraz individual.
Espectacular o que está a facer Dumbría con esta festa de Entroido. O ano que vén han de vi competir dende Ourense!
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).