O Ézaro #reciclavidroepedalea


#Reciclavidrioypedalea. Así é o lema da campaña que veñen de presentar Ecovidro, o Concello de Dumbría e La Vuelta. Co gallo da chegada de La Vuelta o vindeiro 22 de agosto a vila dumbriesa, acaban de instalar 5 novos contedores (iglús de cor verde) vinilados cunha clara intención: todo o vidro que se reciclen neses contedores de aquí ata os días anteriores ao final da volta no Ézaro, servirán para crear o trofeo de gañador da etapa.
Así o anunciaron onte Germán Fernández Freire, xerente de Ecovidro en Galicia, e os concelleiros Raúl González e María Agulleiro (o alcalde non puido asistir por uns problemas familiares).
Deste xeito, o trofeo será “feito” polos propios veciños do Ézari, simbolizando o compromiso e o esforzo de todos para mellorar a concienciación co coidado do medio ambiente. Un esforzo que fan as entidades para facilitar ademais a reciclaxe a hostaleiros, veciños e visitantes.
Novas relacionadas
- O Mirador do Ézaro, protagonista provincial La Vuelta máis épica e estética.
- 85 establecementos de Carballo súmanse á campaña de reciclaxe de vidro.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).