Martes. 07.05.2024
El tiempo

O Festival V de Valarés xa ten a imaxe dunha 10ª edición con maiúsculas

O Festival V de Valarés xa ten a imaxe dunha 10ª edición con maiúsculas
Cartel de Ale Giorgini para o Festival V de Valares 2016 Cartel de Ale Giorgini para o Festival V de Valares 2016 Auténtico o traballo do gran ilustrador Ale Giorgini (Artwork), no cartel do Festival V de Valares 2016. Empresas como Warner Bros, Disney, Faber-Castell, Sony Pictures, MTV e cidades como New York, San Diego, Sidney, Roma ou Milán desfrutaron do seu traballo. Agora tócalle ao pequeno lugar de Valarés disfrutalo. A referencia musical que pon a Costa da Morte no panorama “indie” internacional celébrase o vindeiro ano a fin de semana 12, 13 e 14 de agosto, de novo con 3 días de boa música e mellor ambiente. Xa que o paraíso natural do entorno pontecesán fai do Festival unha cita inesquecible para todo o que vén. Será a 10ª edición do Festival V de Valarés polo que se esperan grandes citas. O propio Adrián Varela asegúranos que será unha “unha X edición con maiúsculas” e avanza que a semana que vén xa teremos algún nome. Atentos á sesión vermú dominical pensada para toda a familia, toda unha referencia a nivel galego. Polo de pronto, o primeiro cabeza de cartel… Galicia: [fbvideo link="https://www.facebook.com/VdeValares/videos/1266306260052001/" width="660" height="400" onlyvideo="1"] #SomosValarés #GanasdeValarés

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios