Xoves. 09.05.2024
El tiempo

O Hotel-Semáforo da fin da terra abre as súas portas tras dous anos pechado

O Hotel-Semáforo da fin da terra abre as súas portas tras dous anos pechado
imaxes-do-hotel-semaforo-de-fisterra

Por fin. Tras dous anos pechado, o que debe ser a xoia da coroa do sector turístico da Costa da Morte, abre as súas portas. Hai un par de meses que xa está aberto O Refuxio, unha cantina mariñeira ambientada con gusto para permitir unha parada sabrosa ao final do camiño, solventando ademais unha gran carencia de servizos no km.0. Esta fin de semana abrirá tamén o Hotel O Semáforo de Fisterra.

o-refuxio-do-semaforo-de-fisterra Imaxe do Refuxio de Fisterra

O Semáforo saltaba en 2015 á voz pública como pola súa polémica intentona de concesión a dedo, como un claro exemplo de corrupción a nivel municipal. Gracias á diversas denuncias o Concello botouse atrás, paralizando a primeira concesión e posteriormente concedéndolla ao único proxecto que quedaba en marcha.

Ese proxecto foi o presentado polo empresario costeiro Jesús Picallo, que leva máis de 600.000€ investimento (o GAC subvenciona un tope de 200.000€ sempre que xustifiques máis de 500.000€) de para recuperar e poñer en marcha o espazo hostaleiro. Tivo que investir tres veces máis do orzamentado pois a parálise deixara o espazo moito máis deteriorado do que pensaban. Aí teñen que agradecer a colaboración do Concello, que apoio dende o comezo das obras para que estivese listo o antes posible.

Así ao longo desta semana de ponte o Hotel vai abrindo paso aos primeiros hóspedes, paseniño para que o servizo vaia collendo ritmo. As habitacións xa están a disposición tanto de visitantes como dos veciños que queiran degustar as experiencias máis delicatessen.
O Hotel terá só 5 habitacións, de luxo, todas decoradas con motivos evidentes. Hai a Habitación dos Ventos, enfocada a Mar de Fóra; a Habitación dos Faros, coa iluminación directa do Faro da Fin do Mundo; a Stellae, ideal para ver as estrellas; a Habitación Semáforo; ou a Habitación do Naufraxio, ambientada con esceas da nosa idiosincrasia.

Pone en marcha tamén o restaurante para 50 comensais, con Jacinto Picallo, de formación en hostalería, supervisando e a xente do Retiro da Costiña, restaurante xalleiro cunha estrella Michelin, colaborando. E que dicir cafetería, con ese mirador, a xoia da coroa.

o-semaforo-de-fisterra-de-noite

Emprego local

Jesús Picallo fai referencia tamén á Responsabilidade Social Corporativa, refírese a compromisos en materia medioambiental, como traballar con produtos biodegradables na cubertería, ou fomentar a reciclaxe de todo tipo de resudios.

Pero fala sobre todo de emprego, do directo e do indirecto. Son 6-7 postos de traballo directos en temporada baixa e 12 en temporada alta, focalizando a contratación de xente por proximidade xeográfica. “Estamos encantados ca xente que temos agora, xente da zona e bos profesionais, moi implicados, facendo equipo, e aprendo idiomas, que é fundamental nese punto”. Pero tamén lembra que “as distribuidoras, o panadeiros… xentes do arredor van ter máis traballo coa nosa existencia”.

”Nos Orzamentos deste ano ten que haber investimento”

”A administración vai por un lado e os emprendedores imos por outro…” lamenta, ao preguntarlle polo Plan Director do Cabo Fisterra de César Portela, que leva paralizado dende 2012. Un César Portela que está encantado coa posta en marcha do Semáforo, pois ao fin ao cabo sénteo como un fillo.

”Creo que este ano terá que haber orzamento para comezar o proxecto”, di con esperanza despois de falar coa Directora Xeral de Turismo. “Díxonos que ían investir aquí, porque saben que é o segundo punto máis fotogrfiado de Galicia. Por exemplo, uha das cousas que necesitamos é unha wifi potente. Se un turista chega e se saca unha foto no km.0 e o sube a instagram, saímos todos beneficiados, e son moitos os que o fan e mesmo hai veces que se forman colas tremendas”.

peregrinos-botandose-unha-foto-no-km0-do-cabo-fisterra Os camareiros do Refuxio fan moitas veces de fotógrafos dos peergrinos no Km.0

Polo de pronto concéntranse no Centro de Interpretación que abrirá dentro da Terraza do Semáforo, con Códigos Bidi.

Fai tamén referencia á necesidade de ordenar o tráfico. “Ordenar o tráfico hai que ordenalo, hai que facer en Santa María das Areas un aparcadoiro e dende aí un trenciño ou bus lanzadera, cun carril bici, para subir ao Faro. Iso é fundamental”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios