O pleno de Santa Comba puxo de manifesto a tensión entre os grupos municipais

Tenso pleno o de onte, xoves 17 de marzo de 2016, celebrado na Casa da Cultura de Santa Comba, que podemos ver gracias ao proxecto Santa Comba TV. As relacións entre o alcalde Ucha Velo (PSOE), e os voceiros de PP (María Pose) e TEGA (Chisco Ameijeiras) rozan a mala educación, e as malas palabras e as chamadas á orde foron protagonistas na sesión.
Un pleno que tiña no Plan de Aforro e Investimentos o punto principal da orde do día, onde saíron á luz facturas pendentes, a necesidade de asesores, ou dúbidas de transparencia. O alcalde denunciou a “persecución fiscal” do anterior goberno ao sector agrario por mor da subida dos impostos de bens inmobles, e tamén denunciou o “comportamento criminal” da oposición para co pobo en relación ao Plan de Aforro e Investimento, que finalmente non saíu aprobado polos votos en contra da oposición.
O grupo de goberno explica así o pleno
O plan PAI (Plan de Aforro e Investimento) é un plan desenvolvido pola Deputación Provincial da Coruña para darlle apoio aos diferentes concellos da provincia cun reparto de 21,5 millóns de euros, en base a unha serie de criterios sociais e económicos. O plan, ademais de permitir destinar diferentes inversións para obras e equipamento, tamén obriga a destinar unha parte (en función do seu nivel de endebedamento) a amortización da débeda. O equipo de goberno presentou ao pleno un plan de obras de asfaltado no caso urbano municipal para executar neste mesmo ano, por un importe de 68.249,13 euros, no que se atopaban os seguintes proxectos: 105 metros lineais de asfaltado da Rúa Poeta Añón (desde Avda de Santiago o Cuartel da Garda Civil) 250 metros lineais de asfaltado na estrada de Ventosa (desde o Supermercado Froiz) 500 metros lineais de asfaltado naestrada de acceso as Cerdeiras (Desde Restaurante a Fortaleza na estrada de Muros) 750 metros lineais de aglomerado na Avda da Torre e parte da Rúa da Ferradura, ata Avda. Alfonso Molina (Fonte do Campo da Feira e parada de Taxis). O plan incluía tamén unha parte de equipamento, destinado a: Adquisición dun camión-guindastre con gravilladora para a brigada de obras, por importe de 20.001,00 euros; e outros 20.001,00 euros para un pisón de 11 toneladas, tamén para a devandita brigada. Co que se pretendía evitar o enorme gasto en contratación externa. Tratando así, de aforrar no arranxo das vías públicas empregando medio propios. Para a amortización de débeda destinábanse 274.338,57 euros, coa finalidade de liquidar a existente da época do Partido Poular de Toja. Esta cantidade permitiría saldar toda a débeda contraída coa entidade BBVA. A oposición era coñecedora do Plan, por medio da perceptiva Comisión Informativa. Nesa comisión, tanto Tega como PP, abstuvéronse e non presentaron ningunha obxección aos proxectos plantexados, nin tampouco presentaron unha proposta alternativa. Curiosamente, o pasado ano, o edil Francisco Ameijeiras “Chisco”, portavoz de TEGA, manifestou, durante o pleno de aprobación do PAI de 2015 o seguinte: “pareceme unha boa opción para non pagar uns intereses e aforrar uns cartiños”. Algo corroborado pola alcaldesa, naquel intre, María Pose Rodríguez. O plan foi rexeitado cos votos en contra de Tega e o PP. Todo o plan está perdido e non hai ningunha posibilidade legal de levalo a cabo.Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).