O PP de Ponteceso aproba en solitario un PXOM máis permisivo ca edificabilidade


Vén de aprobar o grupo de goberno o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ponteceso. Cos votos a favor do PP e os votos en contra de toda a oposición (PSdG, BNG e APIN), sae adiante un o novo PXOM, deixando atrás as últimas normas urbanísticas, vixentes dende agosto de 2002. Unhas normas moi antigas que toda a corporación entendía que había que modificar, pero non todos entenden que debería ser así.
Pero exemplo o PSOE, que di que é máis complicado edificar, cando o propio alcalde pon o acento na maior edificabilidade como punto máis importante dun Plan que tamén profundiza na protección do Anllóns.
Pero Fondo Aguiar entende que o máis importante é que “o novo Plan adáptase mellor a actual situación ca nova Lei do Solo, e fai posible que moita máis xente poida edificar en zonas con demandas”, como a zona que está detrás da Garda Civil cara ao Couto, que se amplia o núcleo urbano, como a zona Pazos nos dous extremos. “Vaise poder edificar en moitísimos lugares que antes non se podía”, asevera rotundo o alcalde.
Un Plan que tamén contempla en Corme a mellora dos accesos ao porto, e ollo, unha posible zona de expansión que pedían os empresarios “para poder facer un centro comercial”…
Máis información
Un documento que xa se pode descargar na web municipal:- Ponteceso.gel: PXOM de Ponteceso.
Novas relacionadas
- 09-02-15: O PXOM de Ponteceso dá pasos cara a protección do Anllóns.
- 24-09-14: O PSOE denuncia a redución de edificabilidade no rural de Ponteceso.
- 17-04-14: Novos pasos co PXOM en Ponteceso, Laxe, Cee, Camariñas e Muros.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).